3 dic 2012

Monólogo do Vello Traballador

Hai verbas escritas fai 50 anos por Celso Emilio que seguen a ter a mesma carga de denuncia social na actualidade. Fálanos dunha vida de escravitude, de sufrimento, para non ter nada. Fálanos dun capitalismo salvaxe que corree as veas da sociedade podre que nos acolle. Fálanos de que nos non debemos ren ao sistema. Fálanos de esperanza e de loita.




"Agora tomo o sol. Pero até agora 
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado, o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero."





No hay comentarios:

Publicar un comentario