Foto: AMA, para El Progreso |
Non estou moi seguro da súa procedencia. Comentáronme que era asturiano, nativo da Veiga, e asentado en Ribadeo desde fai décadas. O que si recordo ben é a súa faceta como comerciante polo miúdo de todo tipo de cousas, por moi imposibles que fosen, nunha céntrica rúa, que logo perdeu por cousas da herdanza e do divorcio de seus pais. Tamén lembro a súa inmersión no mundo da radio a través das ondas da FM caseira RadioEoMusical. E logo do seu proxecto con máis risco e innovación: o zoolóxico de Ribadeo. Aquí investiu todo o seu patrimonio persoal que perdeu no fracaso do emprendemento. Tivo moitos problemas cun macaco que trababa aos despistados que se achegaban a osmar.
Por todo o que leva feito e significado, o Concello ten o deber de reivindicar a figura deste ribadense bo e xeneroso.
A historia que vos conto é verídica. Podedes escoitar ao sr. Restrepo falar da súa vida nestas dúas gravacións feitas no ano 2010.
Saiba vostede que eses "despistados que se achegaban a osmar" ao sr Restrepo estaban tranquilamente nas súas casas e foi o macaco que se achegou ata elas, non ao revés. As consecuencias non foron de risa, sobre todo nunha persoa que pasou 4 meses tratando as feridas dunha perna, sen incluír o medo a posibles contaxios, dado que o macaco non estaba vacinado.
ResponderEliminarSe a teño molestado, quero pedirlle as miñas sinceras desculpas. Non era a miña intención. Por suposto que non é nada cómico o sentirse en perigo por o comportamento indebido de outras persoas e máxime cando nin sequera respecta o dereito aos animais. No texto so quería darlle un ton cómico e volvo a expresarlle que sinto moito tela molestado.
ResponderEliminarO seu lugar de procedencia está como ben ti dis na Veiga, concretamente no lugar de Restrepo, sito na estrada que sube cara o porto da Garganta.
ResponderEliminar