11 dic 2012

O Gangnam Style e a guerra do Iraq

Foto: lainformacion.com

Moitos estudos sociolóxicos se teñen feito sobre o poder transformador que exerce a fama e a fortuna nalgunhas persoas. Sobre todo cando chega de súpeto. Algúns destes novos famosos cos petos cheos soen abandonar certos criterios que tiñan asumido e que rexían a súa forma de pensar no civismo ou no compromiso. Trátase de coidar máis a reputación que a conciencia. Destérranse culturas e ideoloxías porque supoñen un lastre para a fama e para o afán lucrativo. Subir un chanzo neste mundo cheo de desigualdade dálles o poder da independencia absoluta fronte ao que acontece no mundo dos seres correntes.

Isto é o que lle aconteceu ao cantante surcoreano PSY coa súa canción, ou o que sexa, "Gangnam Style". O bípede pasou dun anonimato relativo a converterse nunha estrela mediática, situando o seu vídeo no máis visto da historia de YouTube. Ventas, xiras, entrevistas por todo o mundo déronlle fama e fortuna. Ata que os malvados iankis da CNN lembráronlle o seu pasado recente de militancia contra a guerra no Iraq e contra a invasión USA. Música e letras de PSY reclamaban explicitamente a morte para os soldados estadounidenses destacados en Iraq. Pero o pánico a perder fama, fortuna e poder foron suficientes para que un acovardado PSY renegase do seu pasado antibelicista e puxérase de xeonllos pedindo desculpas ante a opinión pública norteamericana.

En cal quer caso, na Galiza podemos pasar do seu vídeo "Gangnam Style", que para iso temos a nosa versión enxebre.




No hay comentarios:

Publicar un comentario