5 dic. 2012

Ribadeo, 20 anos de Banda



"O tío vivo xira e xira sen parar.Como a Banda."


 Hernán Naval



A asociación ribadense Amadores da Música ven de producir un documental, xa dispoñíbel na canle de Youtube, co gallo do 20 aniversario da Banda Municipal de Ribadeo. Co título de "20 anos de banda. Miña. Túa. Nosa", fai un percorrido pola historia acontecida nestas dúas décadas cun recordo ao seu primeiro director, Hernán Naval, xa falecido. A edición do vídeo estivo a cargo de Servizos Audiovisuais El Farero e o director foi Suso López.



No hay comentarios:

Publicar un comentario