2 dic 2012

Sempre perden os mesmos, o blog-novela


Pere Tobaruela puxo en marcha, o pasado 23 de novembro, unha iniciativa orixinal no panorama literario galego. Trátase da súa novela por entregas "Sempre perden os mesmos" que se ofrece aos lectores de balde e en formato de bitácora. Xa se publicou o primeiro capítulo: "A Casa dos Vestidos" e o segundo, "Illa de Fernando Poo, 1940". A edición continuará deste xeito ao longo de tres meses. Merece a pena seguir este proxecto, e sobre todo, léelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario