4 ene 2013

D. Evaristo, In Memoriam

Foto: EPL/El Progreso

Hoxe é un día importante para todo aquel que teña como filosofía vital o indixenismo galaico. Conmemorase o enterramento de D. Evaristo Vázquez Carnero o 4 de xaneiro de 2009, que falecera dous días antes no xeriátrico de Chantada.

D. Evaristo, que era viúvo e non tiña fillos, pasou os derradeiros dez anos da súa vida no asilo vivindo como un galego auténtico e non como un galego idealizado polos anuncios do Gadis, que intentan pór maquillaxe á realidade do país.

Finou aos 89 anos. Morreu coma un galego. Planificou e deixo por escrito como debe morrer un galego. Solicitou unha tirada de foguetes para anunciar o seu pasamento, o coche fúnebre foi acompañado polo grupo de gaiteiros Buixana de Palas e pola Banda musical de Antas de Ulla, a ritmo de pasodobres e outras músicas festeiras, ren de marchas fúnebres. A chegada do cadaleito á igrexa foi recibida co himno galego e soterrado coa bandeira do país. A continuación, nada de bagoas, festa rachada no pobo cos gaiteiros e coa banda.

Todo un exemplo a seguir. Unha figura a reivindicar.

Intentemos vivir coma Amancio Ortega, morramos coma D. Evaristo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario