8 ene. 2013

Helena Villar, lembranzas en Reinante

Foto: Praia de Reinante / Tirar do fío

Helena Villar, a escritora de Becerreá, mantén na rede unha fiestra aberta convertida en bitácora das que prestixian ao mundo mergullado dos blogs en galego. "Tirar do fío" entra na categoría de adictiva como heroína intravenosa. Unha achega online que complementa a inmensidade da obra cultural desta muller infatigable. Casada co tamén escritor Xesús Rábade Paredes é nai da poeta María do Cebreiro e do músico Abe Rábade.

Nunha das súas derradeira entradas no seu espazo na rede, retrotraese ata xuño do ano 1959 para compartir recordos da súa estancia no Campamento de Reinante:

"O primeiro de xuño de 1959, o segundo curso de Magisterio Femenino de Lugo partíu para o Campamento de San Miguel de Reinante a sacar o título de Intructora Elemental de Juventudes, necesario para exercer a carreira."

Seguide a ler AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario