6 ene 2013
Miña nai, o Chivas Regal e o Bull Bran
No xantar, miña nai volveu a recriminarme a miña adicción ao tabaco. Os argumentos esgrimidos son repetitivos: economía e saúde. Non podo quitarlle a razón. E menos sendo a miña proxenitora e coñecendo o seu carácter autoritario.
Abandonar o hábito de fumar para aforrar nestes tempos de indixencia social e política ten lóxica esmagadora. De algo hai que privarse. Non vou repudiar o meu Chivas Regal 12 Years para mercar Bull Brand.
O da saúde xa é tema máis controvertido. Miña nai escoitou na radio que o descenso de fumadores no estado foi un alivio para o Sistema Sanitario. Seica baixou de xeito considerable o número de pacientes ingresados nos hospitais por mor do tabaquismo.
Quen fan estes estudos ou enquisas? O método usado nesta ocasión polos xornalistas radiofónicos non me parece moi profesional. De verdade hai máis camas hospitalarias libres porque hai menos fumadores? Que clase de lectura leva a esa conclusión? A manipulación arbitraria dos datos leva sempre a conclusións erradas.
O exemplo. O enquisador vai polo andar do hospital, cuarto a cuarto, é pregunta aos pacientes se fuman ou deixaron de fumar. A maioría responde que son fumadores por activa e por pasiva. A conclusión extraída: "os fumadores seguen a ocupar a unha porcentaxe alta de camas hospitalarias".
A alternativa. O enquisador cambia a pregunta: lee vostede, alúmenos, un libro ao mes? A maioría non son lectores habituais. A conclusión extrapolada: "os lectores habituais non enferman"
Xa sei que é un mal chiste. Pero tamén é de rir o manexo que fan nos media coas enquisas. Para valorar o impacto do tabaquismo nun Servizo de Saúde deixen que o faga un equipo científico (se queda algún neste estado), levaralle tempo pero aportará datos fiables.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario