11 ene 2013

Non quero ser novillero, quero ser galego


Desde fai moito tempo pretenden, desde Madrid, impoñernos a ferro e sangue a súa cultura. O proceso acelerou ata velocidade terminal coa chegada do Partido Popular ao poder estatal axudado pola complicidade do goberno de Feijóo. A imposición cultural é un modelo ideolóxico para implantar os valores do centro sobre a periferia. De igual xeito que fan os ianquis co seu cinema, fano os españois coa súa produción cultural e o seu poderoso marketing que infecta co virus do colonialismo. Non é doado afogar os proxectos culturais do país porque sempre temos loitadores na trincheira dispostos para a súa defensa. Pero non convén deixarlles avanzar moito, senón chegará o día en que asimilemos o exótico da cultura española como si fose propia.

Na televisión de Cospedal, a pública de Castela A Mancha, nestes días están a facer un casting para un programa que se chama "Soy Noviller@", un reality no que varios aspirantes compiten polo galardón e que, segundo Pacma, en tódalas súas fases usaranse xovencos que serán maltratados, feridos e mortos. Atila e a súa tropa chegaron a tele pública.

Isto é un exemplo de "cultura" irradiada cara a periferia. A día de hoxe, sería impensable ver algo semellante na televisión pública galega, entre outras cousas porque a penetración da tauromaquia na Galiza é mínima. Pero, ollo, non baixemos a garda que o inimigo é forte e pertinaz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario