3 ene. 2013

O COF episcopal de Lugo e o sexo


Leo con asombro que a Diocese de Lugo puxo en marcha un COF. Si, un Centro de Orientación Familiar, unhas siglas e unha iniciativa patentada polo Servizo Galego de Saúde e que soe contar con prestacións de xinecoloxía, psicoloxía e enfermería. O Bispado de Lugo suprime algunha cousa e engade un avogado especialista en dereito familiar (as cuestións de herdanzas sempre preocuparon á curia) e un psiquiatra (as pilulas son boas conselleiras). A orientación en temas sexuais do COF alternativo católico vaise centrar na anticoncepción natural con formulacións contrarias ao uso do condón, do DIU ou da píldora anticonceptiva.

Non fico por comprender que motiva a estes cregos a meterse en asuntos que dada a súa "profesión" non entenden (sempre hai excepción e hai curas practicantes que asimilan á perfección o concepto de sexualidade). Para o bispo de Lugo, sobriño enchufado do ultracatólico Rouco Varela, unha concepción natural é sinónimo da virxinal de María e o Espírito Santo, que segundo os teólogos tiña forma de pomba, ornitorrinco ou lexionario romano.

Así é todo van ter clientela. Sempre hai quen se fía de bispos e xerarcas católicos, a pesar de ter un historial negro coma un tizón en materia sexual. A obsesión polo sexo e a Igrexa Católica camiñan xuntas pola Historia desde a época das catacumbas na Roma imperial. Non hai nada que facer, non teñen "seso" para máis.

Os que deben tomar nota son os COF dependentes do Sergas para pasar ao contraataque. Ten que ser aniquilador, non é dabondo con descualificar ou denunciar a intrusión laboral ilexítima por parte do Bispado.

O COF de Lugo ten que responder ofrecendo, dentro do seu paquete habitual de servizos, un módulo de Orientación Relixiosa Católica que enfoque aos usuarios cara ao agnosticismo ou ao ateísmo. E iso fode, nunca mellor dito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario