12 ene 2013

Tres experiencias persoais coa nosa lingua

Mañá celébrase en Ribadeo, como preludio da grande convocatoria nacional para a xornada do 27 de xaneiro, un acto público da plataforma cidadá Queremos Galego na Mariña. Terá carácter lúdico con música, lectura de textos e xogos para nenos; nas Catro Rúas, a partir das 12 horas.

A nosa lingua está hoxe tan ameaza como en tempos pasados por iso vou deixar que tres persoas conten as súas experiencias vividas co noso idioma (grazas á bitácora amiga Carta Xeométrica que me ensinou o camiño cara aos Arquivos da Experiencia).

A primeira que fala é Consuelo, de Piñeira (Ribadeo), que nos conta como foi discriminada, durante a ditadura, no colexio das monxas por falar galego.

A segunda é Concha, da Coruña, que relata como aos seus 15 anos o galego era unha lingua prohibida e desprezada.

O terceiro é José Francisco, tamén da Coruña, que narra unha accidentada clase de lingua galega durante a guerra civil

Para que todo isto non se repita, apoiemos á nosa lingua porque Queremos Galego.



No hay comentarios:

Publicar un comentario