1 feb 2013

Aquí non pasa ren


Toda a trama de corrupción política que está emerxendo estes días logo da publicación dos famosos papeis de Bárcenas, lévame a dubidar moito de se realmente vivimos nun estado democrático ou nunha república bananeira. Hai moitos interrogantes que se me pasan polos miolos:

Pode a cidadanía aguantar tanto lixo sen rebentar?

Pode o goberno do PP pedir sacrificios á poboación cando os seus dirixentes están involucrados en tramas mafiosas?

Se O PP, como di Cospedal, non sabía nada, pode un partido político ignorante gobernar un estado?

O Partido Popular afógase no lixo e non fai ren para evitalo. Cando menos debería aplicarse as medidas que durante tanto tempo solicitou para outros:

1) Que se disolvan.
2) Que pidan perdón as vítimas, ou sexa, á cidadanía.
3) Que abandonen as armas, ou sexa, o goberno, a televisión pública, etc.

Por suposto Rajoy seguirá na súa liña impasíbel, alleo, falando de apoios en maiorías silenciosas que ninguén coñece. E o Partido Popular continuará a usar o abrecartas como arma de destrución masiva.



No hay comentarios:

Publicar un comentario