3 feb 2013

Descubrindo as Cooperativas en Portomarín


"Descubre as cooperativas" é unha exposición itinerante organizada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar.

A mostra busca presentar as potencialidades e solucións que ofrecen as cooperativas como un modelo empresarial que, pola súa versatilidade e capacidade de adaptación, está a demostrar ser capaz de manter e crear empregos na actual situación de crise económica.

A exposición dará conta dos elementos clave do modelo cooperativo, a saber, tipos de cooperativas, como funcionan, valores que defenden, apoios que hai para o emprendemento cooperativo, etc.

Logo de terse celebrado noutros sitios, agora achégase a Portomarín desde o próximo martes, día 5 de febreiro, e ata o venres día 8, na Casa da Cultura.

Máis información AQUÍ


No hay comentarios:

Publicar un comentario