5 feb 2013

#Faite da LNB


O poder de convocatoria que ten a Liga Nacional de Billarda é un fenómeno social comparábel a calquera outro que aconteza na Galiza. O éxito da LNB hai que analizalo desde a óptica da innovación que supuxo recuperar un xogo tradicional e convertelo nun deporte de masas practicado en todo o País desde un extremo ao outro. O valor do positivo, é dicir, non ir contra ninguén senón ter unha vocación integradora faille ir sumando seareiros día a día. A independencia total das institucións oficiais desde a súa creación outórganlle un status privilexiado para presentarse coa faciana limpa, sen subvencións, diante da cidadanía.

A día de hoxe, sobre cálculos estimados, a ACD O Varal podería converterse nunha das asociacións con máis membros de todo o país. E si alguén o dubida, os cálculos están feitos e pódese contrastar.

Un exemplo. A sétima xornada da Conferencia Norleste (hai seis conferencias, cada unha coa súa liga) disputouse en Meira o pasado sábado 7 de febreiro con máis de 70 palanadores inscritos e, a pesar do esquivos que son os medios de comunicación tradicionais cara a LNB, tivo cando menos estas referencias:

No Varal, voceiro oficial da LNB
No Dioivo
En Crónica 3 A Mariña
No dixital Terra Cha Xá
En Chuza
En Galicia Confidencial
En El Progreso

Neste Aberto do Lacón de Meira presentouse oficialmente o Carné Billardeiro, que serve para amosar o teu apoio a LNB. O prezo é de 2 euros e podes conseguilo nos Abertos de Billarda o pedilo ao correo ovaral[arroba]hotmail.com (neste caso tes que pagar os gastos de envío).

Únete á marea billardeira, unha marea de dignidade e de carraxe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario