9 feb 2013

Fuma produto natural


O produto ecolóxico é o que se obtén sen a utilización de químicos o que lle outorga un plus de calidade e de confianza. Son máis sans porque non teñen residuos tóxicos procedentes dos pesticidas, non conteñen aditivos sintéticos, non están modificados xeneticamente e son respectuosos con medio ambiente. É algo que todos sabemos.

Por iso chámame moito a atención a noticia aparecida no portal Ciência Online sobre o regueiro de mortes que está a deixar o consumo da chamada "marihuana sintética", un revolto químico que está a desprazar a un produto natural pola política de prezos e a facilidade de acceso. A "marihuana sintética" comercializase habitualmente con nomes como K2, Spice, Kush ou Klimax. A substancia é unha mistura de varias herbas pulverizadas e mesturadas con gran variedade de produtos químicos cuxos efectos imitan a verdadeira marihuana.

Estanse a perder os poucos valores que nos quedan nesta Civilización. Pretender desprazar o porro natural por química transxénica é unha tolemia. Fádeme caso, non te enganches ao sintético, segue a fumar natural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario