11 feb 2013

Isepankur, os cidadáns substitúen aos banqueiros


Isepankur, que significa auto banqueiro, é unha plataforma de orixe estoniana creada para manexar préstamos e ofrecer financiamento entre particulares. A súa creación foi un éxito nos países bálticos diante da restrición global do crédito bancario.

Agora, logo de máis de dous anos de traballo, Isepankur xa se dotou do marco xurídico e operativo que lle permite prestar servizos en toda a Unión Europea. Para participar nesta iniciativa a inversión mínima son 5 euros, sendo a rendibilidade dos dous últimos anos dun 18%.

Hai que ter en conta que non se trata dun banco ao uso, senón que é un sistema de crowdfunding no que o cidadán suple ao banqueiro para axilizar e facilitar o crédito cara as pequenas empresas, aos autónomos e as familias.


A páxina Web

Máis información


No hay comentarios:

Publicar un comentario