10 feb. 2013

Negreira, o Congreso do PP e o Pregón do Entroido


Carlos Negreira, ilustre brasileiro e alcalde da Coruña, clausurou este sábado o XIV Congreso dos populares herculinos. E o fixo reivindicando o legado de Fraga que "soubo transmitir" a Feijóo "austeridade" para poñer en valor "unha forma de facer política baseada na honradez permanente".

Eu quero enmarcar o discurso de Negreira nas datas nas que nos atopamos: no Entroido. Ten que ser así, un pregón dirixido a comparsas. Ou é que o alcalde non ten memoria? Non sabe quen foi Fraga?

As pegadas de Fraga na historia do pequeno imperio non comezan o día da metamorfose de franquista a demócrata de "toda la vida". Que non veña agora Negreira nin ninguén borrar toda a biografía do de Vilalba anterior a esa xornada mitificada pola prensa e por certos colectivos.

Fraga foi un franquista que apoiou ao réxime ditatorial e iso, nun Estado normal, xa sería dabondo para incapacitalo no exercicio da política. E que fixo por Galiza? Pois crear un reino absolutista baseado no clientelismo e cuxo único logro foi conseguir deixar Galiza apartada dos países desenrolados da Unión Europea, a pesar dos feixes de cartos que recibiu para sacala do pozo.

Tamén teño que recoñecer que desde que chegou Feijóo ao poder, niso coincido con Negreira, boto de menos a Fraga. Cando menos non era un salvaxe liberal, máis ben era do tipo Margaret Thatcher (todo o poder para o Estado).

No hay comentarios:

Publicar un comentario