4 feb 2013

O PP de Lugo tirando de retranca


O PP de Lugo, comandado polo senador José Manuel Barreiro do grupo "a min non me consta" é galego sen discusión. Por iso tiran de algo tan noso como a retranca para nomear ao seu XVI Congreso Provincial que celebrarán en Burela o día 2 de Marzo.

"Sigamos Avanzando", o slogan escollido é todo un exercicio de retranca, unha combinación do absurdo que trata de confundir coa realidade que vivimos.

Quen sigue avanzando? Serán os afiliados ao PP de Lugo e, non todos, que hai moito sádico pola vida.

Cara a onde avanzan? Directos ao pozo mouro que en principio non sería moi preocupante senón fose porque arrastran os valores democráticos e sociais conquistados.

Como seguen avanzando? Austeridade e capitalismo salvaxe. A cidadanía é só unha ferramenta que se controla coa aplicación de fortes doses destas receitas.

En fin, no PP de Lugo son uns cachondos, cando menos seguen avanzando ironicamente.


No hay comentarios:

Publicar un comentario