7 feb. 2013

O Termigal publica un dicionario técnico gastronómico


O Termigal, Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica Galega, acaba de publicar un "Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés". Trátase dun novo recurso pensado para contribuír á normalización da terminoloxía gastronómica en lingua galega e facilitar a comunicación entre os profesionais do sector. Recolle aproximadamente 3000 conceptos, con 3600 denominacións galegas e con equivalencias en castelán e en inglés, ademais de 320 nomes científicos.

O Termigal é un organismo, no que participan a Real Academia Galega e o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dedicado a resolución de dúbidas terminolóxicas puntuais e mais para a elaboración e difusión de vocabularios de especialidade que posibilitan a extensión da lingua galega a novos ámbitos de uso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario