8 feb. 2013

Os ditados tópicos no Concello de Ribadeo


Xa comentei nunha entrada antiga que os "ditados tópicos" facían referencia a colección de fichas recollidas por Camilo José Cela para a súa obra "Diccionario Geográfico Popular de España" (1998). No caso do Concello de Ribadeo xuntou 10 fichas correspondentes ás parroquias de Arante, Covelas, A Devesa, Ove, Piñeira, Ribadeo e Rinlo; e dos lugares de Remourelle (Arante), A Rochela (A Devesa) e Porto (Santalla de Vilausende).

Preme sobre a imaxe para aumentala

Os veciños de Arante son "arantegos"
 Aos de Remourelle dinlles "os de tras do monte" e aos de Vidal (Trabada), "vidalexos". Tamén recolle un curiosa cantiga:


"Que son o cura de Remourelle
ben ´o sabedes
Ahora me vedes
Ahora non me vedes"
 O xentilicio de Cuvelas é "Cubelenses" e aos de Cedofeita dinlles "Cuzos".
Os veciños da Devesa son "Devesanos", os de Burela, "Pataqueiros" e os de Figueiras, "Pixotos". Copila tamén unha frase feita: "La Devesa vale mucho más de lo que pesa".
 O xentilicio correspondente á Rochela é "rocheleiros".
 Na ficha de Ove non se informa de nada interesante.
 Os de Piñeira son "Piñeirenses".
 Os de Porto son "Portos" ou "Porteños". Ademais engade: os de Abres son "Lampeiros", os de Piatón, "Xudius" e os de Miou (A Veiga), "Os d´a Cábila". Inclúe a seguinte cantiga:

"Castropol corral de vacas,
as Figueiras de cabritos,
a Veiga de folgazáns,
Ribadeo de señoritos"

 Na ficha de Ribadeo aparece o dito popular e aínda actual de "en Ribadeo cada un paga o seu" pero curiosamente tradúcese ao castelán perdendo toda a rima: "En Ribadeo cada uno paga lo suyo".
 A ficha de Rinlo recolle como xentilicio "rinlegos".






No hay comentarios:

Publicar un comentario