3 feb 2013

Por unha Europa dos Pobos, democrática e igualitaria


O sistema Capitalista que coñecemos na Europa está esgotado e moribundo, xa non é válido nin ofrece ningunha resposta neste século XXI. O Capitalismo salvaxe só é capaz de xerar pobreza, corrupción, desigualdade social e, sobre todo, perda da confianza nas institucións democráticas.

A cúpula capitalista controla recursos e riquezas, protexe aos seus bancos e grandes corporacións provocando desemprego, desafiuzamentos e, en xeral, desprotección social con receitas de austeridade. Inventaron a Troika, de dubidoso comportamento democrático, que, tal que fose unha mafia, impón os seus criterios económicos sobre países e cidadáns.

Nun contexto no que a crise é só unha escusa, xa non hai marcha atrás: hai que mudar o sistema capitalista europeo. Proceso que ten que pasar pola disolución de España e doutros estados da Unión para fundar unha verdadeira Europa dos Pobos, baseada nun sistema democrático e igualitario, onde a solidariedade social sexa o primeiro valor a defender a través de mecanismos coma a Renda Social que proporcionen a tódolos cidadáns europeos seguridade dabondo para ter unha vida digna e ao mesmo tempo que poidan colaborar co resto da  humanidade para acadar un xustiza social imprescindíbel fronte ao Capitalismo.

Nin un paso atrás. É a hora de construía a nova Europa dos Pobos, democrática e igualitaria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario