21 abr. 2013

Algún Policía Local de Ribadeo veche moitas películas


Vivir no fascismo que bonito é,
andar de parranda
e que che corten os pés.

A escena. Noite. Centro urbano de Ribadeo. En coche dirección Barreiros. A Policía Local dáme o alto. Paro.

- Buenas noches, carné de conducir y DNI.
- Cal dos dous?
- Los dos.
- Por?
- Identificación.
- Hai algunha pega. Aí ten o carné de condución.
- El DNI 
- O DNI ensínollo, xa me pode identificar polo carné de conducir. O DNI é un documento persoal.
- Está usted equivocado, caballero. Soy Policía ... yo no se  lo voy a robar.
- Iso é a súa opinión.

Comprobación as miñas costas, detrás do coche, de ambos documentos. Non se me informa para que ou por que se me quere identificar cando non fixen absolutamente nada que puidese resultar minimamente sospeitoso para executar tal acto.

- Está todo ben?
- Si.. Ala!... Siga!

O relato é totalmente verídico. Non vou dicir o día nin a hora porque tal é como están os tempos non quero causar problemas laborais a ninguén. A conversa, como non podía ser doutro xeito, a teño gravada e non vai ir a ningún lado.

Poren o reproche voullo lanzar directo ao pescozo do alcalde de Ribadeo e ao seu equipo de goberno, responsables en última instancia da Policía Local, tecnicamente funcionarios da administración deste concello nacionalista.

Primeiro. Por que se molesta de xeito indiscriminado a cidadáns para proceder a súa identificación? Acaso é que vivimos nunha sociedade na que todos somos sospeitosos de ter feito algo punible? Cando non se deixe circular á cidadanía en liberdade fáisenos vivir nun estado policial, quere o alcalde de Ribadeo instaurar este status no seu concello?

Segundo. Policía Local, Funcionario Local. Si eu me dirixo a el en galego ten a obriga de atenderme na miña lingua. Se non sabe que o aprenda. Sr. Alcalde faga cumprir a Lei e inste aos seus funcionarios policías a atender con respecto e iso, entre outras cousas, por responderme no meu idioma. E cursos de reciclaxe Celga para todo Deus.

En canto á prepotencia e a chulería do axente referido non vou engadir ren. So unha cousa, a min non me afecta moito porque non é doado intimidarme con un uniforme. Poren, a canta xente terá molestado por gilipolleces desta calaña. 

Faga, sr. Alcalde, unha enquisa de calidade entre os seus veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario