9 abr. 2013

Non se fían nin deles


A pasada semana tiven que pasar un par de veces pola Dirección Xeral de Tráfico en Lugo e polo Edificio administrativo que ten a Xunta de Galiza na Ronda da Muralla. A parte de comprobar que o que falaba Larra no se tempo segue vixente logo de tantas décadas e que a administración non evoluciona ao ritmo da sociedade da información e do coñecemento deste século XXI, hai outra cousa que me chamou a atención: a seguridade privada.

Admito que son profano nestas materias poren entrar nun edificio da Garda Civil custodiado por seguridade privada, a parte do paradoxo, cando menos faiche pensar: a Benemérita non se fía dos seus efectivos para protexer as súas instalacións.

Outro tanto acontece no Edificio da Xunta. Para que temos Policía Autonómica? Por que non entra dentro das súas funcións a seguridade das instalacións propiedade do goberno galego?

Non sei cal é a explicación, o único que observo é un negocio para as empresas privadas de seguridade e unha moi mala imaxe para a Garda Civil e para a Xunta de Galiza.


No hay comentarios:

Publicar un comentario