30 may. 2013

Parroquias diocesanas de Barreiros en 1975. IV. San Xusto.

Igrexa Parroquial. Foto: Xesús Seivane.

Recollido da enciclopedia “Inventario Artístico de Lugo y su Provincia”, editado polo Servicio nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica no ano 1975, baixo a direción de Elias Valiña Sampedro, Nicanor Rielo Carballo, Santos San Cristobal Sebastián e José Manuel González Reboredo.

Continuación das anteriores entradas sobre o mesmo tema: Parroquia de San Cosme, Parroquia de San Pedro e Parroquia de San Xulián.

Igrexa Parroquial de San Xusto.

Construída no século XVI e reformada posteriormente. Unha nave con dúas capelas laterais, capela maior e sacristía detrás, comunicada con esta por dúas portas. Dous arcos de faixa na nave e arcos ante as capelas laterais. Teito moderno, baixo o primitivo, e na capela maior teito en forma de bóveda de arestas, feita recentemente con madeira.
Dependencias adosadas ao muro esquerdo do templo. Na fachada principal, espadana de dous corpos e tres vanos, á que se accede por unha escaleira adosada ao muro lateral dereito. Porta adintelada. Pavimento de lastras do país. Pila de auga bendita semiesférica adosada xunto á porta. Pequena espadana sobre o muro da sacristía.

Presbiterio.
Retablo barroco rexional de dous corpos, coroado cun gran frontón, tons azulados, vermellos fortes e molduras douradas. O primeiro corpo leva cinco nichos e seis columnas salomónicas, e no centro sagrario dourado con catro columnas pequenas e porta con custodia en relevo. Sobre o sagrario, San Roque, popular. Ao carón, San Xusto, San Pastor, San Andrés e San Antón de Padua, con bo estofado e repintadas as cabezas e as mans. No segundo corpo, das mesmas características que o primeiro, leva as seguintes imaxes: Santiago Apóstolo sedente, Santo Domingo de Guzmán, San Miguel Arcanxo, San Roque e San Rafael, todas de bo estofado e repintadas caras e mans.
Coroando o retablo, semicírculo con imaxe do Pai Eterno rodeado de nove cabezas de anxos. Oito anxos de corpo enteiro aos lados.
No banco, inscrición incompleta “...acordada construcción año de 1775”.
Aos lados do retablo dous camaríns neogóticos con Virxe de vestir e Santa Filomena, talla recente.


Capela da Rilleira. Foto. Xesús Seivane.
Capela lateral dereita.
Retablo neogótico sen dourar con Dolorosa de vestir e as tallas recentes de San Xusto e San Pastor. A un lado, San Tareixa de vestir.

Man dereita da nave.
Retablo típico do Renacemento con imaxe de vestir.

Capela lateral esquerda.
Retablo neogótico semellante ao frontal con imaxe de vestir, e aos lados San Venancio e San Antón, esculturas modernas.

Muros laterais do presbiterio.
Dous retablos iguais, modernos, de tipo Renacemento, con Corazón de Xesús no esquerdo e no dereito Inmaculada de vestir do século XIX. San Xusto de bicar, barroco.

Sacristía.
Imaxe popular de San Sebastián. Virxe de vestir. Cáliz de prata sen dourar, século XVIII, con marca NEZ. Cruz parroquial de prata repuxada sen dourar, estilo Renacemento, armazón de madeira e cravadas as pranchas. No anverso, Cristo con sol e lúa e símbolos dos catro evanxelistas. No reverso, Virxe con Neno e os catro profetas maiores. Incensario de prata, século XVIII. Cinco floreiros brancos de Sargadelos.

Capela da Nosa Señora do Bo Suceso.

Rectangular, unha nave cuberta a dúas augas e sinxela espadana na fachada. Ruinosa e sen uso nin enseres artísticos. Atópase próxima a igrexa parroquial.

Capela de San Antón.

Situada no lugar do Val do Caínzo, nun pintoresco lugar no medio dunha pradería. Rectangular, cuberta a dúas augas, porta con dintel e tres sinxelos óculos na fachada. Espadana dun só corpo cun so vano e dúas puntas de diamante aos lados. Pavimento de lastras. Retablo moderno dun só corpo e de orde dórico, con Inmaculada de vestir no centro, e aos lados, San Antón popular, e San Xosé, século XVIII, ambas esculturas repintadas. San Antón popular de bicar. En pedestal xunto á porta, San Caetano, século XVIII, e Santa Filomena, século XVII, con coroa de madeira e bo estofado. Pila de auga bendita de pedra semiesférica xunta á porta.


Santa Isabel. Foto: Xesús Seivane.
Capela de San Xulián e Santa Isabel.

Levantada a principios deste século sobre outra anterior no lugar de Vilamar. Rectangular, con sinxela espadana sobre a fachada principal. Retablo neogótico moderno, sen dourar, con Inmaculada de vestir, e as tallas modernas de San Xulián e San Xoán Bautista. San Xulián de bicar, popular. San Blas, popular, pintado ao óleo. San Antón popular, con hábito azul e vermello. Incensario gótico de metal amarelo, século XVI.

Capela da Fundación Rancaño.

Situada no lugar de Ladrido, ano 1920. Moderna e sen valor.

Máis información: As parroquias diocesanas no Barreiros de 1965.

28 may. 2013

IBEROGREEN, a empresa enerxética que non pode existir

Iberogreen é un modelo do que sería unha empresa integral de comercialización de enerxía 100% renovábel e de servizos de eficiencia e xestión da demanda enerxética.

Iberogreen é a empresa que debería existir. Pero non existe.

Aprende por que na súa páxina web.






24 may. 2013

Parroquias diocesanas de Barreiros en 1975. III. San Xulián de Cabarcos


Igrexa Parroquial. Foto: Xesús Seivane.
Recollido da enciclopedia “Inventario Artistico de Lugo y su Provincia”, editado polo Servicio nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica no ano 1975, baixo a direción de Elias Valiña Sampedro, Nicanor Rielo Carballo, Santos San Cristobal Sebastián e José Manuel González Reboredo.

Continuación das anteriores entradas sobre o mesmo tema: Parroquia de San Cosme e Parroquia de San Pedro.

Localidade de terreo sumamente accidentado, con grandes extensións de montes plantados de pinos e eucaliptos e un frondoso val, no que se atopa a igrexa parroquial. O disperso dalgúns lugares fixo que se ergueran capelas para a devoción popular, todas elas coa súa típica festa anual.

Igrexa Parroquial de San Xulián de Cabarcos.
Construída no século XVIII e consta de nave con dúas capelas laterais, capela maior e sacristía detrás. Á dereita da fachada principal torre dun só corpo rematada por cúpula semiesférica e catro bolas. Súbese a ela por escaleira de caracol. Recentemente o templo, na súa nave e capelas laterais, foi dotado de bóveda de medio canón con arcos de faixa, montado todo sobre cornixas. A capela maior conservou o seu primitivo artesanado, moi sinxelo, de madeira. Pavimento de lastras. Pila de auga bendita de pedra xunta á entrada principal, que ten porta de arco adintelado.

Presbiterio.
Retablo maior de finais do século XVIII, xaspeado e dourado e con detalles rococó. Dous corpos de orde composto. No primeiro sagrario con Agnus Dei na porta e aos lados San Pedro e San Paulo, da mesma época que o retablo. No segundo corpo, San Xulián, época do retablo. Remate de emblema trinitario con catro cabezas de anxos e raios. Dous anxos de corpo enteiro aos lados.

Capela lateral dereita.
Retablo moderno dórico con imaxes modernas e San Antón, século XVII.

Muro lateral dereito da nave.
Imaxe de San Miguel, popular, sen as e dragón aos pés. Cristo, século XVIII, colocado xunto á entrada.

Capela lateral esquerda.
Retablo do ano 1905, con tres imaxes de vestir. Sobre a mesa de altar San Xoán Bautista sobre caveira, século XVIII, e San Xoán Bautista, século XIX.

Muro lateral esquerdo da nave.
Virxe do Rosario, século XVI, moi repintada; a Virxe e o Neno levan coroas de prata do século XVII.

Sacristía.
Capa pluvial floreada, século XVIII, seda murciana. Cáliz, século XVII, con debuxos cicelados en pé e nó. Cáliz sinxelo de prata. Custodia, século XVIII, sinxela, cunha cabeza de anxo sobrevoadora, Cristo con sol e lúa no anverso e a Inmaculada no reverso. Inscrición: “Baldomero Maseda”.

Cemiterio contiguo.
No mesmo, pila bautismal antiga do templo, lisa, de pedra de granito.


San Sebastián. Foto: Xesús Seivane.
Capela de San Sebastián.
Situada no alto do montículo chamado A Rilleira, no medio dun frondoso eucaliptal. Alí celébrase típica romaría o domingo seguinte ao 20 de xaneiro e o domingo seguinte ao 15 de agosto. Forma rectangular con espadana dun so corpo, reconstruída en 1955. Pila de auga bendita de pedra xunto á entrada. Retablo dun só corpo dórico popular, pintado ao óleo e procedente da igrexa parroquial. Virxe da Aparral, fermosa imaxe sedente, século XII, con Neno, moi repintada. Ao carón, San Sebastián popular e San Xulián popular, procedente da igrexa parroquial. San Sebastián popular de bicar. Curiosas lendas populares sobre a aparición da imaxe da Virxe na Idade Media.

Capela da Virxe do Pilar.
Situada nun pradería con precioso fondo de eucaliptos e pinos, lugar de Gondán. Pequeno pórtico rústico e espadana en vano. Pavimento de lastras. Retablo popular dórico, pintado ao óleo, e nel a Virxe de vestir, con coroa de prata. Aos lados, San Xosé popular vestido e Santiago Apóstolo, de xeonllos, popular, vestido.

Capela da Virxe do Carme (Vilamartín Grande).
Fundada no século XVII e reconstruída totalmente nos últimos anos. Unha nave moderna con espadana e bolas na fachada. No presbiterio, mesa de altar feita coas pedras da antiga espadana. Camarín central con Virxe de vestir e aos lados Virxe da Mercede con tres cabezas de anxos nos pés, século XVIII, e Virxe do Carme con San Xoán da Cruz e Santa Tareixa de xeonllos aos lados, século XVIII.


Santa Ana. Foto: Xesús Seivane.
Muro dereito.
Retablo barroco de finais do século XVII, de dous corpos, con columnas salomónicas, sen imaxes.

Muro esquerdo.
Lápida de lousa de fundación de obras pías na capela. É do ano 1962. Cáliz de prata sen decorar con inscrición ao pé: “Don Salvador Menéndez, año de 1962”.

Capela de Santa Ana.
Situada no lugar da Insua, edificación rústica rectangular con espadana dun só corpo, pavimento de vellas baldosas vermellas e un arco triunfal de medio punto. Retablo popular con Santa Ana de vestir, Santa Lucía, popular, pintada ao óleo, e San Xosé, popular do século XVII.

Máis información: As parroquias diocesanas no Barreiros de 1965

21 may. 2013

Parroquias diocesanas de Barreiros en 1975. II. San Pedro de Benquerencia

Foto: Benquerencia.info

Recollido da enciclopedia “Inventario Artístico de Lugo y su Provincia”, editado polo Servicio nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica no ano 1975, baixo a dirección de Elias Valiña Sampedro, Nicanor Rielo Carballo, Santos San Cristobal Sebastián e José Manuel González Reboredo.

Continuación da anterior entrada sobre o mesmo tema.

Igrexa Parroquial de San Pedro

Situada nun precioso paraxe próximo á praia de Benquerencia, remontase a súa construción ao século XVI. Unha nave con dúas capelas laterais, cruceiro e sacristía detrás. Porta lateral no muro dereito cun pequeno soportal no que se lee “Cabildo” (É de anotar que na comarca estes pórticos denomínanse así, porque servían e serven para reunións dos veciños). A sacristía ten no seu frontis porta exterior e dous óculos.
Fachada principal con porta de arco adintelado e cabeza de anxo na clave, sobre ela nicho barroco coa imaxe de pedra de San Pedro popular con gran chave na man. Encima un pequeno óculo e espadana de dous corpos e tres vanos. Rematando todo con bolas e cruz de ferro.

Interior.
Dous arcos de faixa e bóveda de canón cubren a nave. As capelas laterais levan bóveda de lunetos. O cruceiro cúbrese con sinxela bóveda gótica de catro nervios, apoiados sobre cornixa dórica e arcos formeros. Os brazos do cruceiro e presbiterio cubresen con bóvedas de canón con lunetos.
O pavimento é de mármore de Reiriz. Na bóveda do cruceiro pinturas dos Evanxelistas, século XVIII, retocadas recentemente. Na bóveda do presbiterio anxos pintados no século XIX e retocados tamén recentemente.


Foto: Benquerencia.info
Presbiterio.
Retablo maior rococó de dous corpos, xaspeado e dourado. Na mesa de altar escudo pontificio (tiara, cruz, palma sobre panos e chaves). No primeiro corpo altorelevo estofado de San Pedro. Ao carón tallas modernas de San Antón e San Xosé. No segundo corpo, Virxe de Fátima actual. Remata o retablo con Padre Eterno de bo estofado e Espírito Santo con raios.
Sobre ambas portas da sacristía pedestais con rocallas e nelas San Bernardo e San Bento, ambos en medio relevo e vestidos con cugula monacal e decorados con bo estofado.
Sagrario barroco moderno de prata con emblemas eucarísticos repuxados. Nos muros canto anxos de talla, século XIX, sosteñen candeas.

Brazo dereito do cruceiro.
Retablo neoclásico de dous corpos. O primeiro corpo con catro columnas xaspeadas dóricas e Dolorosa de vestir. No segundo corpo medallón abrigando ventá en óculo e dous anxos aos lados, de corpo enteiro. Na mesa de altar man, escaleira e espada.

Capela lateral dereita.
Retablo moderno sen pintar nin dourar. Nel imaxes modernas de San Isidro Labrador, Neno Xesús e Virxe do Carme.


Foto: Benquerencia.info
Brazo esquerdo do cruceiro.
Retablo xaspeado e dourado semellante ao fronteiro. No seu centro Cristo de tamaño natural sobre pintura da cidade de Xerusalén. Aos lados Virxe e San Xoán. O Cristo é unha boa talla barroca, que, antes de ser repintada recentemente, tiña os seus brazos articulados. As imaxes que o acompañan, polo contrario, son populares. O segundo corpo tamén semellante ao do retablo fronteiro e na mesa de altar columna e galo pintados e dourados.

Capela lateral esquerda.
Retablo semellante ao fronteiro e nel Virxe da Candelaria de vestir, San Miguel, século XVIII, Santa Lucia, popular, século XVIII, estofada recentemente por Otero de Viveiro.
Sobre a porta lateral dereita inscrición en mármore relativa as restauracións do templo de 1960.
Vidreiras modernas de cor en tódalas fiestras. Representan: Santa Cilla, Ave María, San Ramón Nonato, Santa Faz, San Fermín, símbolo eucarístico, pelicano, Santiago, emblemas da Paixón, Virxe da Paz, Anunciación e anagrama de Cristo.
Cruz procesional: macolla con debuxo de cabuxóns estilo Renacemento. Anverso Cristo sobredourado e reverso con Virxe con Neno sobre raios, molduras e cabeza de anxo abaixo. Sobredouradas as partes principais e o resto en prata lisa, século XVII.

Máis información: As parroquias diocesanas no Barreiros de 1965

20 may. 2013

Parroquias diocesanas de Barreiros en 1975. I. San Cosme


Recollido da enciclopedia “Inventario Artístico de Lugo y su Provincia”, editado polo Servicio nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica no ano 1975, baixo a dirección de Elias Valiña Sampedro, Nicanor Rielo Carballo, Santos San Cristobal Sebastián e José Manuel González Reboredo.


Igrexa parroquial de San Cosme

Situada cerca do mar, no medio dun extenso atrio, no que antigamente facíanse romarías populares. Obra dos séculos XVII e XVIII. Unha nave, cruceiro, capela maior e dúas sacristías. Teito moderno. A fachada ten arco adintelado, espadana de dous corpos e tres vanos e puntas de diamante aos lados. Á espadana súbese por escaleira exterior de pedra situada no muro dereito. Porta lateral no muro esquerdo e, ante ela, pórtico de madeira sostido por catro columnas. Sobre a sacristía espadana pequena. No exterior o brazo dereito do cruceiro reloxo de sol de lousa. Pavimento do templo de lastras do país.

Presbiterio.
Retablo da segunda metade do século XVIII en tonalidades azuis e grises e boa talla dourada. Dous corpos e en cada un deles columnas salomónicas talladas con flora do país e dos estípetes. Leva as imaxes modernas de Corazón de Xesús, San Xoán, San Antón, Milagrosa e San Isidro Labrador. No alto grupo da Santísima Trinidade sobre tres anxos, século XVI.

Lado dereito do cruceiro.
Retablo moderno dun corpo, orde composto e rematado en frontón e as imaxes modernas da Virxe do Carme, Santa Ana con Virxe e San Nicolás.

Lado esquerdo do cruceiro.
Retablo moderno, rematado en frontón, con Cristo do século XVIII. Ao carón Virxe e San Xoán modernos. Dúas Virxes de vestir en pedestal. Pila bautismal sinxela de pedra, 0,90 de diámetro. Pila de auga bendita semiesférica xunto á porta principal. Outra pila de auga bendita xunto á porta lateral.


San Cosme. Igrexa d'abaixo
Sacristía.
Cristo popular. Medio viril de prata sen dourar con catro cabezas de anxos e cruz de remate dourados. Cáliz sinxelo, século XVIII, copa de prata e pé de metal. Dous cálices lisos do século XVIII. Cáliz do século XIX de metal amarelo con Cristo no anverso e Inmaculada no reverso. Incensario de estilo rococó de metal e naveta do mesmo. Cáliz de prata sobredourada de finais do século XVIII, cabezas de anxos en pé, nó e copa. Cáliz de prata repuxada con copa dourada, século XVIII.

Tribuna.
San Roque, popular. Virxe de vestir con Neno. San Xosé, século XVIII, repintado. Restos de retablo en rocho.

Capela de Santo Estevo do Ermo.

Situada no medio dun gran risco rodeado de enormes penedos e frondoso arborado, con regato troiteiro e unha fonte de auga mineral un pouco máis arriba. O sitio, de difícil acceso e sumamente fermoso, é escenario dunha típica romaría popular, que ten lugar, anualmente, o Luns de Pascua de Resurrección. A capela foi fundada no século XV e foi reedificada en diferentes épocas. Consta dun nave cuberta de madeira a dúas augas, sacristía detrás e, ante a fachada, un sinxelo pórtico cuberto a tres augas. Espadana dun só vano rematada por bolas de pedra. Pavimento de lastras, arco triunfal de medio punto e pila de auga bendita xunta á porta, que hai no muro lateral esquerdo.

Presbiterio.
Retablo popular xaspeado e dourado de dous corpos, composto. O primeiro corpo leva imaxe titular de Santo Estevo, popular, pintado ao óleo. Ao carón, San Marcos, século XVI e Santo Estevo, de vestir. No segundo corpo, Inmaculada do século XVII, con moitos resaibos populares. Imaxe popular de bicar.


Capela de San Bartolo
Capela de San Bartolomé.

Situada sobre unha roca aberta ás olas da praia de Barreiros, roca chamada “Altar Remior”, e con grandes tradicións dos fenicios e outros pobos primitivos. Hoxe o lugar, desde moi remotas épocas, é centro dunha importante romaría o 24 de agosto, e que as xentes chaman “O San Bartolo”. A zona xunto a capela vaise poboando de importantes chalés. A capela, reconstruída no século XIX, consta dunha nave cuberta de madeira, un sinxelo pórtico e pequena espadana moderna dun só vano. Retablo neogótico sen valor, con imaxe titular de San Bartolomé, popular. Ao carón, San Antón, popular e Santa, popular. Imaxe popular de bicar de San Bartolomé. Dous cruceiros modernos próximos a capela.

Máis información: As parroquias diocesanas no Barreiros de 1965

19 may. 2013

Políticos da Perra Gorda


Se cadra ten algo de razón o bípede que atende por Toni Cantó e que exerce de actor no circo político do estado español cando afirmou o sábado que "hai unha gran cantidade de políticos españois que poderían ser moito mellores".

Partindo da premisa de que a clase política do estado vive nunha realidade allea á sociedade, que a unha boa parte tráelle sen coidado o benestar da cidadanía, que outra parte  está formada por mercenarios ben pagados e que moitos exercen a "profesión" porque non saben facer outra cousa ... é evidente que os políticos españois teñen potestade para mellorar.

Poren sempre hai excepcións, casos perdidos. O propio Toni Cantó sería vítima da súa lingua viperina. Por moito que o intente, por enorme que sexa o seu esforzo, a melloría observase como un imposible. Son deputados nas Cortes porque TeleCinco non lles dá un programa. A única melloría capaz de obter Toni Cantó, e outros da súa camada, é a que veña resultado da súa dimisión e desaloxo da súa poltrona. Un pequeno detalle que de por si xa dignificaría un pouco a Política. Individuos coma o representante ultra de UPyD, retrogrados, carentes de sensibilidade, de escasa formación non teñen cabida en ningún espazo de opinión pública. Confío máis no voto de calquera simio que no del. Así que atendendo as súas verbas, un intercambio de espécimes Zoo - Congreso dos Deputados melloraría a calidade parlamentaria.

18 may. 2013

Galegos de merda

Foto: El Progreso

Así apareceu onte a embarcación do expresidente do goberno estatal Leopoldo Calvo Sotelo, que, desde non fai moito tempo, está fondeada na rotonda de entrada a Ribadeo (enfronte a IES Gamallo Fierros).

A polémica e o ataque posterior veñen da aburrida liorta entre Ribadeo e os Concellos asturianos polo nome da Ría. Uns consideran que debe ser Ría de Ribadeo e outros que Ría do Eo. Persoalmente non teño ningunha opinión ao respecto, só deixar constancia de que toda a xente que coñezo chámallen "A Ría".

Foto: El Progreso
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia (BNG), opina que "isto ten claros tintes xenófobos. Vir a Ribadeo a poñer galegos de merda por un costado da lancha e por outro poñer Ría del Eo indica desde logo uns tintes xenófobos, ademais de ser un atentado público e un ofensa a nós como galegos."

Xenofobia é unha palabra moi forte. Implica hostilidade e repulsa. Eu deixaríao en vandalismo. Vivindo como vivimos na raia que nos separa de Asturies percibimos perfectamente as boas relacións de veciñanza que nos unen e as poucas que nos separan. Por catro ou cinco salvaxes armados con sprai non creo preciso entrar a falar de xenofobia.

14 may. 2013

Billardas a Ceo Aberto. A LNB tamén na defensa de Corcoesto

Non podía ser doutro xeito. A Liga Nacional de Billarda e a Billarda LNB son moito máis que un deporte. Por iso pretendemos demostrar o noso compromiso coa cidadanía deste País contribuíndo, aínda que sexa modestamente, na defensa de calquera causa xusta.

E así o sábado 1 de Xuño estaremos en Santa María de Corcoesto apoiando á Plataforma cun aberto a "Ceo Aberto" contra a mina que pretende espoliar as terras de Bergantiños. 

Mina non!

Billarda Sempre!


Manifesto da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños:

"Un fantasma percorre as terras de Pondal, os vales de Bergantiños, as revoltas do Anllóns, o Monte Branco, Dombate... Ese fantasma ten alento de cianuro e chámase Edgewater, empresa canadense que vén á Galiza non a construír senón a destruír, a extraer o ouro de noso para fuxir con el. Este roubo a cara descuberta é presentado polas autoridades coma unha vitoria, un proxecto estratéxico, porque Edgewater lles vai ofrecer aos “nativos” varias ducias dos empregos peor pagados e máis perigosos, como fai nas súas minas africanas.

As xentes de Bergantiños queremos industrias, a industria produtiva é o mellor índice do dinamismo económico e do emprego estratéxico dun país, igual que o espolio dos recursos é o mellor índice do desartellamento político e social, síntoma da economía entendida como ruindade.

Se a actividade económica non contribúe ao benestar do conxunto da comunidade e só uns cantos se benefician en prexuízo da maioría, e sobre todo se ese beneficio é a costa do patrimonio común, tal actividade económica é ilexítima e antisocial.

O capital sen patria ten como obxectivo único maximizar o beneficio e desafiar os límites que regulan a súa circulación, esa é a súa dinámica. No caso de Corcoesto a Xunta de Galiza fai renuncia do seu papel garantista e regulador e alíase abertamente coa empresa, retorcendo e pervertendo as normas para que se adapten ás esixencias do espoliador: o único que esixe é que cando Edgewater se vaia e quedemos co espazo físico arruinado, todo o ocorrido pareza un accidente. “A mina? Que mina?” A Xunta e os concellos afíns actúan coma un matón a soldo que non protexe senón que traizoa os seus administrados, un goberno que non ten os pés na terra, senón que se deixa arrolar pola propaganda de Edgewater e mesmo a multiplica.

Permitir que unha empresa especuladora veña destruír os nosos petóns e fragas, contaminar o Anllóns e os acuíferos subterráneos, construír balsas tóxicas como as que contaminaron o Danubio en Romanía en 2000 (idéntica á proxectada para Corcoesto), en Hungría en 2010, ou en Andalucía en 1998, para enriba fuxir co ouro co que se elaboraron os torques e as xoias dos nosos castros, empregándonos como gancho para captar investidores nos mercados internacionais, equivale a permitir que saqueen pedra a pedra o Pórtico da Gloria.

A oposición aos embustes, a defensa da terra e da sostibilidade, incluída a laboral para esta xeración e as seguintes, así como a defensa da dignidade cidadá fronte aos que nos queren tratar como unha colonia, lévannos a pedir a paralización da explotación mineira a ceo aberto de Corcoesto."

11 may. 2013

Por que os alcaldes non levan un L de prácticas?


Cada ver que boto unha ollada a unha folla parroquial do estilo "La Voz de Galicia" ou "El Progreso", ou nun contenedor de propaganda como "Crónica 3 A Mariña" convénzome moito máis de que os Concellos teñen que desaparecer como institución. Podería argumentar largo e tendido porque ningún Concello da Galiza debería existir xa que non representa a ningunha figura natural senón que son algo totalmente artificial e alleo, ao contrario da Parroquia Civil que si ten tradición, historia e representatividade lóxica.

Pero hoxe xa é noite é non quero entrar en como penso que tería que ser a división territorial do noso País. Máis ben vou quedar na anécdota. Nesa que soltan alcaldes e alcaldesas aos medios de comunicación pensando que acadaron un "éxito", véndeno como tal e, de seguro, dormen coa tranquilidade que supón ter un salario garantido aínda que sexas un inepto para xestionar os recursos que lles proporciona a veciñanza. Nestes tempos que vivimos ser un iletrado suma moitos puntos para exercer a política municipal, aínda que cheire mal.

A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez intenta despacharnos como unha gran fazaña que o seu Concello pechou o ano 2012 cun remanente positivo de 150.000 euros. E comenta: "...polo tanto o resultado deste presuposto do ano 2012 é unha boa nova para o Concello de Lourenzá por ter un remanente positivo. Isto quere dicir que os axustes que estamos aplicando desde o equipo de goberno, primeiro con Vidal Martínez-Sierra e despois comigo na alcaldía están dando resultado".

Será que vou vello, será que estudei por ciencias e ela por letras, será que vivimos en Oz. Poren que lle dean as voltas que queiran, nun concello como Lourenzá, coa industria do moble e da madeira en crise, con desemprego e con carencias manifestas rematar o exercicio 2012 cun remanente de 150.000 euros é sinal de que non se soubo xestionar os cartos dos veciños nin atender as súas necesidades.

Ese capital non pode estar en caixa municipal de ningún xeito, ten que estar investido en beneficio de quen o aportou. O que non sabe facer outra cousa co diñeiro alén de metelo debaixo do colchón que non presuma de bo xestor.

7 may. 2013

Cousas inútiles que xustifican o funcionamento do IGAPE

O IGAPE, o brazo armado da Xunta para o atraso económico da Galiza, inviste cartos en cousas tan interesantes como ofrecer un desconto para asistir a un xantar con Rosa García, presidenta de Siemens España.

O prezo do xantar é de 75 euros máis o 10% de IVE. Coa significativa axuda do departamento dirixido por Javier Aguilera (cos cartos da cidadanía galega), os asistentes só terán que pagar 45 euros máis o 10% de IVE.

Sen ánimo de crítica pero apelando a responsabilidade institucional, ás políticas de transparencia e a curiosidade e morbo xeneralizado pregúntome: que poñen no menú por 82,50 €? Acaso pensan comerse á presidenta de Siemens? E senón practican a antropofaxia, de que vai falar esta paisana? Ou é que aínda por riba nos vai vender unha aspiradora?


 
Premede sobre as imaxes para ampliar


6 may. 2013

Para dirixir ao PSdeG hai que ser Franco

Foto: Wikipedia

José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo e candidato a substituír a Pachi Vázquez no PSdeG, ven de facer unhas, cando menos, curiosas declaracións na Cadena Ser, enmarcadas na súa campaña de promoción persoal dentro do partido.

Que hai que ser franco para dirixir ao PSdeG semella obvio. A franqueza dos líderes políticos debería ser unha propiedade natural de calquera individuo que dedique parte da súa vida a prestar un servizo á cidadanía. A pega é que tal e como está a sociedade hoxe en día non é doado atopar un cidadán, se cadra algún despistado, que aínda pense que a sinceridade é un valor para os socialistas, para os populares ou para o resto das forzas políticas. E magoa pero é a desafección a onde nos conduciu a endogamia partidista e a incapacidade de rexeneración. Nunca cambia nada porque, de igual xeito que fan no Vaticano para escoller novo Papa, nos partidos políticos sempre elixen os mesmos pontífices, sexa dun xeito ou doutro.

No caso do PSdeG, Besteiro quere convencernos que é un partido vertebrador da Galiza. Difícil de crer. Sobre todo cando ao mesmo tempo, no programa de TeleCinco "El Gran Debate" teñen de convidado ao ilustre socialista, ex alcalde da Coruña e ex embaixador no Vaticano Francisco Vázquez; pedindo un goberno de concentración PP-PSOE. E Paco Vázquez xa dixo a quen apoiaba na loita pola xefatura do PSdeG.

Un novo Partido Socialista de Galicia, con Besteiro á cabeza, se quere como pretende ser referente entre os galegos e as galegas tócalle facer moita limpeza nas súas filas. Dou por suposto que agardan ás eleccións municipais para empezar a esixir responsabilidades.

En calquera caso a vía para conectar co sector máis progresista da Galiza está moi lonxe porque pasa por unha estación que se chama galeguismo e xa fai tempo que o PSdeG non para nela.

5 may. 2013

Para isto lles pagamos o salario?

PREME PARA AMPLIAR
Estes deputados galegos do Partido Popular votaron a favor da lei que rouba os aforros de toda a vida:


Rajoy Brey, Mariano, deputado por Madrid.

Collarte Rodríguez, Guillermo. Deputado por Ourense, nacido en Ourense.

Delgado Arce, Celso Luis. Deputado por Ourense.

Erias Rey, Antonio. Deputado pola Coruña, nacido en Vigo.

García Díez, Joaquín María. Deputado por Lugo, nacido en Ferrol.

Garrido Valenzuela, Irene. Deputada por Pontevedra.

González Vázquez, Marta. Deputada pola Coruña, nacida en Compostela.

Iglesias Fontal, María Olga. Deputada por Lugo, nacida en Triacastela.

Lago Martínez, María Paz. Deputada por Pontevedra, nacida en Sanxenxo.

Martín González, Telmo. Deputado por Pontevedra, nacido en Meaño.

Moraleja Gómez, Tristana María. Deputada pola Coruña, nacida en Lugo.

Olano Vela, Jaime Eduardo de. Deputado por Lugo.

Pastor Julián, Ana María. Deputada por Pontevedra, nacida en Zamora.

Pérez Insua, Antonio. Deputado pola Coruña.

Ruano Gómez, Juan de Dios. Deputado pola Coruña, nacido en Malaga.

Vázquez Blanco, Ana Belén. Deputada por Ourense, nacida en Bande.

4 may. 2013

Poiter, un soporte para gaitas


O gaiteiro asturiano Pablo Carrera acaba de sacar ao mercado POITER, un soporte deseñado especificamente para pousar a gaita, sexa esta galega, asturiana ou escocesa.

Comenta Pablo Carrera que unha gaita que vale ao redor de 1.000 euros non é como para deixala polo chan. E da necesidade xurdiu a idea.

O prezo do artello son 90 euros poren, de momento, está a venda, en oferta de lanzamento, na súa páxina web por 75 euros.


3 may. 2013

A Burbulla do Emprendemento


Nin comparto todo o que afirma Alejandro Suárez no seu blog nin tampouco lle quito a razón. Sinxelamente creo que é un artigo para ler, meditar e pensar que tanto falar de Emprendemento sen xeito non é máis que unha operación de marketing para lavar conciencias.


"Éste es uno de esos posts que sé, de antemano, que desatará la ira de algunos amigos, que interpretarán que es una crítica sectorial y que mi obligación moral es negarlo hasta la extenuación. Yo no lo entiendo así, y creo que ha llegado el momento de decirlo con firmeza. 

En mi opinión esto del emprendimiento ha cruzado -impulsado por la situación, los políticos y la mercadotecnia- ciertas líneas rojas. Como si fuera la trilogía de la Guerra de las Galaxias: de los creadores de La burbuja puntocom (2000) y El ladrillo nunca baja (2004-2007) llega a nuestras pantallas la última secuela, Emprende o muere (2013).

No soy sospechoso de no haber emprendido o de no trabajar y colaborar con todo tipo de asociaciones pro emprendimiento. De hecho, he invertido en una decena de compañías y proyectos de emprendedores. Aún así, es evidente que eso no me legitima, pero me gustaría dejar mi opinión.

¿Hay una burbuja en todo lo relacionado con el emprendimiento? Yo creo que sí, y esta burbuja es cada vez más evidente. 

Recuerdo los comienzos del boom de la telefonía móvil. Hace ya muchos años, pero me impactó el día que descubrí cómo si tomabas una copa por la noche en un local en la calle Serrano de Madrid, te daban un teléfono móvil sólo con la condición de darlo de alta. Era la caza y captura de un cliente para el que había espacio: todos éramos potenciales usuarios y podíamos tener un teléfono móvil.

No todos podemos ni debemos ser emprendedores. Es una falacia animar indiscriminadamente a todo el mundo a ello. Muchas personas no tienen la formación, la trayectoria ni el momento personal y social para asumirlo. Y aunque no venda el decirlo, es así. No todo el mundo puede emprender, aunque si prácticamente todos podemos tener nuestro teléfono móvil.

Es clásica la historia -ya sea verídica o no- del chófer de Rockefeller, en la que se cuenta que cuando éste le indicó a su jefe que iba a comprar acciones en bolsa, dio la orden de salir del mercado con todo su patrimonio.

No sé qué opinaría hoy del emprendimiento el propio Rockefeller si viera que marcas de zumos, como Vivesoy, montan viveros de empresas; igual que quesos Angulo se ha subido al carro lanzando también un centro similar. Tengo sudores fríos pensando que un día, al ir a comprar una caja de yogures, me regalarán un emprendedor en una bolsa de regalo por el mismo precio.

Si cada persona que dice estar para ayudar, formar, impulsar y facilitar a los emprendedores en España tuviera que pagar por ello una licencia de un euro, sería un ingreso para el Estado de tal calibre que estoy convencido que podría llegar a paliar la caída de ingresos por licencia de obras y que, dicho con ironía, bajaría la prima de riesgo. Por supuesto, hay mucha gente que ayuda: estaban ya antes y seguirán estando.

Es cierto. Pero también hay mucho advenedizo de nuevo cuño, que ni estaba ni estará y que no deja de ser como el empleado de banca que en 1999 salía de su sector para montar una puntocom ya que era lo que tocaba. Después, años más tarde, explotada ya la burbuja, volvía a su sitio, que nunca debió abandonar. Detrás quedaba para los que lo sufrimos, un sector arrasado que tardó mucho en recuperarse.

No se me entienda mal; me parece fantástico todo el apoyo del mundo al emprendendimiento, pero se nos está yendo de las manos. La diferencia entre una moda y una realidad sólida es que las modas las arrancan los influencers. En este caso, los medios de comunicación y políticos bombardean machaconamente, pero cuando la moda pasa, años más tarde, no queda nada. Ésa es la pena, que tras está moda o burbuja, se desmontarán esos viveros e incubadoras, y de ellos no va a quedar ni siquiera un mal recuerdo de lo que fue su página web.

Muchas empresas del Ibex están empeñadas en contradecir su propia historia, apoyando al emprendedor durante los próximos años. Eso ha sido una reclamación histórica y es fantástico, ya que tienen medios para hacer muchas cosas. Lamentablemente, veo cómo se trata de un concepto más de marketing, e incluso destacaría cómo algunos bancos parecen utilizarlo para lavar sus conciencias. 

Son bienvenidas las acciones de emprendimiento, destinadas a las escuelas y universidades, con objetivo sembrar el espíritu emprendedor y ayudar a las iniciativas de forma sostenida y estable. 

Pero la mayoría, tristemente, van contra el presupuesto de marketing. Conceptos como dar pequeños premios -casi limosnas- a emprendedores, y gastarse diez o veinte veces más esa cantidad en publicidad para comunicarlo son prueba de ello. Es como dar a un indigente 100 euros y comprar un anuncio en el periódico por 10.000 para explicar lo que has hecho, creyendo estar limpiando tu conciencia con ello. 

Puede incluso mejorar tu imagen temporalmente, pero la gente que se informa, que analiza y que hoy tiene internet para darle vueltas a las cosas y ver varias fuentes, acabará descubriendo lo que haces."

2 may. 2013

El Capitán Lugo, Miliki e un selo para Correos


Grazas a unha nota aparecida no xornal El Progreso (diario de Lugo y su provincia) aprendín da existencia do do blog "El Capitán Lugo", de Juan Carlos Martínez Valcarcel. Un sitio interesante para que guste da ilustración e do debuxo.

O traballo do artista lugués veuse recompensado recentemente co anuncio de Correos do lanzamento dun selo adicado ao desaparecido Miliki sobre un debuxo da súa autoría e publicado no seu blog. 

Poranse en circulación, a partir do 13 de xuño, 300.000 unidades por un valor de 37 céntimos cada un.

1 may. 2013

Cabrón de la hostia, Pagaralo coa salú


Non podía ser doutro xeito. ExTensión Agraria, a potente banda de rock indíxena da Terra Chá, acaba de presentar o seu vídeo clic da canción "Pagaralo coa salú", un tema dedicado con moito cariño a NovaGaliciaBanco e, por extensión, a tódolos cabróns da hostia que saquean o noso País.

Afectados das preferentes e demais colectivos aquí tedes a vosa Banda Sonora Orixinal ... que se escoite diante das oficinas de NovaGaliciaBanco.