4 ago 2013

O leasing, as vacas e a falta de memoria

O leasing, como xa sabe o persoal, é unha palabra inglesa que serve para definir un tipo de contrato de aluguer con dereito a compra. O ben alugado pode ser moble ou inmoble. Pode ser calquera cousa e utilizase para financiarse de xeito máis doado.

Leasing asociámolo enseguida a vehículos e equipación informática, por exemplo. Poren non exclúe absolutamente nada. Que a empresa catalá Cipsa Pecuaria alugue vacas usando este sistema pódelle parecer unha novidade a El Progreso mais só é descoñecemento dun pasado moi recente, cando menos na Mariña.

As "vacas postas" era unha práctica habitual non fai moito tempo. Caciques, gandeiros ricos, tratantes, ... deixaban en casas de gandeiros con menos recursos vacas no canto dun aluguer. "Poñíanche unha vaca". Isto xa era leasing, o que pasa é que aínda non sabiamos inglés.

3 comentarios:

  1. e tamén había vacas a medias

    ResponderEliminar
  2. Eu tampouco o sabía. Preguntarei por aquí aos maiores se saben algo desa práctica por esa zona.

    ResponderEliminar
  3. Efectivamente ese tipo de "leasing" era coñecido pola comarca do Sar como "gando á ganancia".

    ResponderEliminar