26 oct. 2013

Dálle outra oportunidade aos palets

Aínda que xa fai tempo que ando a guerrear co PXC, con balances e chorradas polo estilo; o indíxena que levo dentro segue a dicirme que son un carpinteiro. (Se me dixese que era albanel prestaríame máis seguir proxectos coma este das casas de terra).







25 oct. 2013

A resposta artística á homofobia rusa

A desaparición da URSS e a creación da nova Rusia transmutou o espírito da revolución para converter ao novo estado nun baluarte do capitalismo salvaxe do século XXI. Os novos xerarcas ocúpanse de ditar, con man de ferro, leis absurdas que semellan recuperadas do tempo dos zares.








Fontes: aquí e aquí.


21 oct. 2013

Aparta de min esa Coca Cola

Aínda non desmontaches da colonización ianqui e segues a beber Coca Cola ou Pepsi? Non tes acceso doado á Galicola e ás súas variantes con sabor laranxa ou limón?

Non hai pega. Xa podes facer Coca Cola caseira mercando SodaStrem, o trebello inimigo número one das compañías USA.

"Se gustas das burbullas, deixas libres" é a mensaxe lanzada no seu spot televisivo difundido en UK e posteriormente censurado.


e esta foi a súa resposta á censura


Nace o portal "Fundaciones"

Proporciona información das fundacións do estado español (sede social, dirección web, fines e actividades, ou composición dos seus órganos de goberno); así como diversas opcións de búsqueda de información (por ámbito e tipo de actividade, área xeográfica, data de constitución ou tipos de beneficiarios); e un coñecemento da labor que realizan as fundacións, ademais dunha imaxe dinámica da súa dimensión e posibilidades de desenrolo futuro.

Accede a súa web desde aquí.

20 oct. 2013

Recuperando a Guía da boa esposa

Os ministros de educación, José Ignacio Wert, e de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, do goberno colonial; así como Antonio María Rouco Varela, presidente da Conferencia Episcopal do país veciño, están a traballar cun equipo de expertos na materia para a recuperación, posta en valor e aplicación da "Guía de la buena esposa", editada no ano 1953. Aínda que o triunvirato considera o opúsculo demasiado progresista para este século, entenden que contribuiría de xeito positivo a relaxar a tensión social actual.

As fichas da magna obra veñen aportando xoias do estilo ...
















Máis información en (copiar e pegar): http://iglesianuevaera.blogspot.com.es/2012/11/guia-de-la-buena-esposa-1953.html


19 oct. 2013

Tres mil bandullos agradecidos

Foto: Xesús Ponte (El Progreso)
Este planeta chamado Galiza non orbita ao redor de ningún astro coñecido nin se rexe pola física de Newton ou de Einstein. Aquí só nos movemos polo que dita o bandullo. Alleos ao drama do desemprego, a emigración, ao sufrimento de moitas familias, aos desafiuzamentos, as preferentes, aos recortes na educación e na sanidade, ao desmantelamento dos sectores produtivos. Alleos a todo cando nos enchen o bandullo que, agradecido, convértenos en zombis xordos, cegos e sen raciocinio.

Incapacitados para entender que estamos a vivir nunha das épocas máis negras e funestas da nosa historia recente, aplaudimos, entre racións de polbo, a políticos nefastos que nos conducen cara ao abismo.

Políticos sen argumentario cuxo único razoamento é o infantil "y tu más" e cuxo único mérito salientable é xuntar  tres mil bandullos agradecidos nunha pulpada no San Froilán.

13 oct. 2013

LNB e Indixenismo para o Castañazo Rock

Hoxe é, se cadra, xornada de reflexión para o xurado do Castañazo Rock. Mañá, luns, teñen a non doada labor de escoller a derradeira banda que completará o cartel definitivo do festival de Chantada entre as cinco bandas que ficaron finalistas.

O meu voto xa foi depositado na primeira escolma pública e aberta para a banda de Bretoña, Ex-Tensión Agraria. Indicarei so algúns trazos que xustifiquen tal decisión e polos que penso que Ex-Tensión cumpre dabondo para estar no Castañazo:

1.- Foi a banda máis votada polo público.
2.- A calidade artística está suficientemente contrastada en numerosas actuacións ao vivo por todo o País.
3.- A implicación dos membros de Ex-Tensión co Castañazo ven de vello a través da Liga Nacional de Billarda (LNB).
4.- Ex-Tensión Agraria, con dous membros saídos do Bravú (Xermán Viluba "Skornabois" e Nacho Eiros), teñen un proxecto orixinal, unha proposta única no panorama musical galego: o punk&rock indíxena (letras e música social verquidas con carraxe e saídas das cunetas da exclusión)

Foron moitos os apoios recibidos para Ex-Tensión Agraria, aí vos quedan algúns.




Os Jonh Deeres

Cé Orquestra Pantasma

Machina
Familia Caamagno


Zënzär













11 oct. 2013

[Celso Dourado] "Represaliados"

O vindeiro xoves día 17 de outubro, o artista Celso Dourado inaugurará a exposición "Represaliados" (na lembranza do Comandante Moreno).

A exposición, que permanecerá aberta ao público no Café Bar O Porriño (Mondoñedo) do 17 ao 31, contará o primeiro día coa actuación de Mini e Mero.


9 oct. 2013

De Oviedo a Cuba para ir a escola

"Melanie Peña ha cambiado el colegio público Dolores Medio, en la calle de la Luna (Oviedo), por una escuela cubana de la región de Holguín. Su madre emigró del país gobernado por Fidel Castro hace trece años "detrás de un futuro mejor". Ahora busca trabajo "de lo que sea" para salir a flote y criar a su hija de ocho años, pero las cuentas no le salen. Por eso, este año ha tomado una decisión drástica. La niña ha vuelto a Cuba con sus abuelos para no pagar el dinero de los libros de texto ni del comedor. "Si Dios quiere, mi Melanie estudiará su carrera en Cuba y le saldrá gratis. Luego, que ella decida", explica la madre, Leiviz Peña, mientras lee con calma las ofertas de empleo del periódico en su minúsculo piso de alquiler del casco antiguo."

Este é un caso real. Danse a feixes poren rara vez son protagonistas nos xornais aínda que retratan a realidade social que está a construír este Sistema caduco e que o PP acelera a ritmo trepidante.

Nas televisións, nos periódicos, nos medios en xeral, alienados co Sistema, sexa pola banda dereita ou pola esquerda, cospen acotío ideas valeiras. O Sistema non é cuestionábel. Seica a democracia occidental é o mellor do peor. Se cadra teñen razón mais nin sequera iso practican. Estamos no século XXI e aínda reivindican as Cortes de Cádiz nun mundo tecnoloxicamente avanzado onde sería doado practicar unha democracia plenamente participativa e en tempo real.

Pero non. O Poder non quere cambiar. Seguiremos mandando nenos e nenas con dobre nacionalidade de volta para Cuba porque alí poden instruírse de balde e labrarse un futuro lonxe da decadencia occidental.


8 oct. 2013

De cando os curas apártanse do rabaño

Non vou traducilo ao galego, non por preguiza senón porque non quero que perda ren nunha mala interpretación. 

"Aquí descansan los restos de Don Francisco J. Barnés y Tomás, Doctor en Teología y Filosofía y letras, Licenciado en Derecho y Catedrático de esta Universidad Literaria.

Fue sacerdote católico. Mientras creyó en el dogma, practicó los actos de la religión con dignidad y escrupuloso respeto; Cuando después de maduro examen y ejercicios continuados de razón, dejó de creer en el orden sobrenatural, (que juzgó fantástico), su carácter sincero no le permitió continuar una vida estéril y farisaica, burlando y explotando la credulidad de las gentes. Prosiguió a la naturaleza, nuestra común madre; contrajo matrimonio con digna mujer; fue padre de familia, cuyos deberes no descuidó un instante y en el trato social con toda clase de personas se ofreció como hombre sin fuero ni privilegio religioso.

No creyó en otros milagros que en la instrucción y el trabajo humano."

Fonte: unha das mellores páxinas de divulgación que rulan por aí.


6 oct. 2013

Punset, do Pan Bimbo á maxia pseudociencia

Non paga a pena engadir ren sobre o sr. Eduard Punset, divulgador de cousas, vendedor de pan Bimbo, recadador para o seu peto e agora sumando puntos coa pseudociencia.

Aquí xa lle dan un repaso merecido.



Ora pro nobis, paga Cospedal

Medidas como as tomadas pola sra. Cospedal no seu goberno express na comunidade de Castela A Mancha son de agradecer. Neste caso en concreto polo funcionariado autonómico. Poren non hai que esquecer que para o estado español, desde aquela mítica frase autonomista de "café para todo dios", o equilibrio e o reparto igualitario entre as distintas rexións e nacionalidades que o compoñen é unha prioridade estratéxica.

Baseándome nesa premisa considero que o sr. Nuñez Feijóo tamén debería permitir aos seus funcionarios padecer a misa en catedrais, basílicas, igrexas e capelas á conta do erario público.

Poren Galiza, xa o di a Constitución que propuxeron os franquistas e ratificaron os españois, é unha nacionalidade histórica e, polo tanto, correspóndelle ir un paso alén da rexión inventada gobernada, a momentos, pola sra. Cospedal.

Aquí entendo e comprendo que lles pague salario aos funcionarios católicos por ir á misa pero tamén aos que están fichados por calquera outra seita relixiosa para que acudan aos seus lugares de lamento respectivos.

A excepción, que ten que haber en toda regra ou cartabón, sería para agnósticos e/ou ateos aos que se lles pagaría por acudir as súas capelas de conciencia que, en moitos casos, coincidirían coa miña en calquera taberna do País.

5 oct. 2013

Intxaurrondo e Resistencia Galega

Fai poucos días asistiamos estupefactos a unha parodia xudicial que levou aparellada duras condenas contra mozos galegos por un suposto delito de terrorismo. E todo baseado na hipotética existencia dunha estrutura organizada a que o delegado do goberno, as forzas policiais españolas e os xuíces deron por chamar "Resistencia Galega". O resultado desa farsa é ben coñecido por todos.

Hoxe érgome pola mañá e leo nos xornais que o Estado español puxo en liberdade ao xeneral Galindo, sentenciado a 75 anos de cadea polo asasinato dos mozos vascos Lasa e Zabala. En total pasou no caldeiro 4 anos e 4 meses, cos cales, seica, xa pagou á sociedade a morte e o terror que , durante anos, infundiu desde o nefasto cuartel de Intxaurrondo.

Comparando os dous casos calquera pode darse conta que nesta suposta democracia os Poderes tenden a involución recortando, con man de ferro, liberdades e dereitos consolidados. E nos somos partícipes necesarios nese xogo por permitilo.

Algúns tardaron, outros aínda non o fixeron, en darse conta de que no estado español nunca existiu a "Transición" máis que para encher frases bonitas coas que amansar ao rabaño de ovellas. Poren os lobos seguen aí fora e son os mesmos.


 Negu Gorria: "Ustelkeria" (Podredume, canción sobre Galindo)

3 oct. 2013

Universidade Rural de Barreiros

Da man do colectivo cultural Ollomao, sen dúbida un dos máis activos da Mariña, chega unha nova iniciativa ilusiónante e xenerosa: a Universidade Rural de Barreiros. 

 A importancia do desenrolo rural e a atención ás necesidades da poboación rural deixáronse ver, se cadra, aínda con máis intensidade a raíz da crise sistemática que vimos sufrindo desde fai anos. De aí a necesidade de crear espazos educativos abertos e dinámicos que sirvan de enriquecemento persoal para os partícipes. 

 Este concepto pluridisciplinal de Universidade Rural de Barreiros explícano moi ben o Colectivo Ollomao na súa bitácora. 

2 oct. 2013

Galiza - Cabo Verde, irmandados pola LNB

"O Gran Estalo" é un documental da Liga Nacional de Billarda que amosa a irmandade entre dous pobos, o galego e o caboverdiano, a través dun deporte e dunha lingua que nos xunta.

Ven referendar unha vez máis a labor da LNB como algo máis que un deporte: como unha forza social independente e imparábel na Galiza.



1 oct. 2013

Hospital da Cosa

O cristo que os gobernos de Rajoy e Feijoo están a facer coa sanidade pública e, en concreto co Hospital de Costa en Burela, fan que algún medio de comunicación se trabuque nos seus cabeceiros.


A captura de pantalla é real. A estas horas xa está corrixida a errata.