9 oct. 2013

De Oviedo a Cuba para ir a escola

"Melanie Peña ha cambiado el colegio público Dolores Medio, en la calle de la Luna (Oviedo), por una escuela cubana de la región de Holguín. Su madre emigró del país gobernado por Fidel Castro hace trece años "detrás de un futuro mejor". Ahora busca trabajo "de lo que sea" para salir a flote y criar a su hija de ocho años, pero las cuentas no le salen. Por eso, este año ha tomado una decisión drástica. La niña ha vuelto a Cuba con sus abuelos para no pagar el dinero de los libros de texto ni del comedor. "Si Dios quiere, mi Melanie estudiará su carrera en Cuba y le saldrá gratis. Luego, que ella decida", explica la madre, Leiviz Peña, mientras lee con calma las ofertas de empleo del periódico en su minúsculo piso de alquiler del casco antiguo."

Este é un caso real. Danse a feixes poren rara vez son protagonistas nos xornais aínda que retratan a realidade social que está a construír este Sistema caduco e que o PP acelera a ritmo trepidante.

Nas televisións, nos periódicos, nos medios en xeral, alienados co Sistema, sexa pola banda dereita ou pola esquerda, cospen acotío ideas valeiras. O Sistema non é cuestionábel. Seica a democracia occidental é o mellor do peor. Se cadra teñen razón mais nin sequera iso practican. Estamos no século XXI e aínda reivindican as Cortes de Cádiz nun mundo tecnoloxicamente avanzado onde sería doado practicar unha democracia plenamente participativa e en tempo real.

Pero non. O Poder non quere cambiar. Seguiremos mandando nenos e nenas con dobre nacionalidade de volta para Cuba porque alí poden instruírse de balde e labrarse un futuro lonxe da decadencia occidental.


1 comentario:

  1. Desgrazadamente é así, as historias repítense e semella que o tempo é circular. Aquí é aínda peor, vivimos nun contexto onde o sistema educativo cada vez é máis inútil e menos recoñecido, onde se lexislou para diluir as titulacións nun sen fin de especialidades que non levan a ningunha parte. Quitar valor ao sistema educativo público foi o obxecto do plano boloña....
    O problema desa nena é que estudará alá a súa carreira e, cando volva, o sistema daquí non lla quererá recoñecer moi probablemente...

    PD. Lembreime de ti con este post porque creo que eras da zona de Bretoña... non sei se me equivoco ? http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/10/09/o-codigo-da-empanada/#more-24462

    ResponderEliminar