30 nov. 2013

O Craega e a Homeopatía Veterinaria

Mira que se ven cousas estrañas polas redes sociais. Que o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) fomente a participación nun obradoiro de Homeopatía Veterinaria non é insólito é estúpido.


Aí vai a ligazón á páxina do Craega


E logo unha explicación didáctica do que é a Homeopatía, nun vídeo de James Randi (subtitulado ao castelán)


26 nov. 2013

#ViolenciaMachistaNon



Unha foto cada día no peor año da súa vida



"Non sei se chegarei a maña...."



Para ver e reflexionar.







25 nov. 2013

Conversas de taberna sobre ecoloxismo

Fai uns días tiven unha charla cuns amigos da esquerda comarcal. Uns viños, temas varios i entretenidos. Entre eles falouse de ecoloxía, algo no que temos posturas moi diverxentes.

Na esquerda hai unha especie de virus mutante que os leva a apoiar calquera iniciativa que se guinda a etiqueta de "ecolóxico", non se profundiza moito no tema para saber o que hai realmente detrás.

Do mesmo xeito, que fai un tempo, me deixaron fliplando co apoio a un negocio particular chamado "Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico", Thor descarga raios sobre min cando teño que soportar aseveracións do tipo de que hai que defender ao sector primario baseado na gandería intensiva con vacas frisonas ou similares por ser sostíbel. Pero alguén parouse a botar uns cálculos sobre a contaminación e a depredación do ecosistema destas fórmulas en comparación cos postos de traballo que crean?

Máis a miña conversa centrouse nos xa famosos "coches eléctricos" (non confundir cos das feiras). Bombardeo mediatico constante para que asumamos como solución ecolóxica fronte aos motores diesel ou de gasolina. Craso erro.

O coche eléctrico é outro produto/opción do mercado capitalista que se rexe polas mesmas directrices que o Ford T. Mesmo sistema de fabricación e distribución. Baterías de litio tóxicas, contaminantes e dificilmente reciclábeis. Recargas na rede eléctrica, a día de hoxe, maioritariamente enerxía xerada por combustibles fósiles ou enerxía nuclear.

Onde lle poñemos a etiqueta de ecolóxico ao coche eléctrico?

24 nov. 2013

O crepúsculo dun rei

Logo de ler a Aníbal Malvar, no seu espazo "Rosa y espinas" do xornal Público, nunha entrada tremendamente interesante, busquei pola rede e atopei a reportaxe emitida por Canal+ Francia.

Le Crepuscule d'Un Roi, do rei do país veciño, do herdeiro do franquismo, do Juan Carlos. Pega a pena botarlle unha ollada.

Cada quen que pense o que queira. Na TVE non teñen pensado emitilo


19 nov. 2013

Sepp Holzer, o agricultor rebelde

Sepp Holzer (Austria, 1942) é un agricultor firme defensor do sistema da Permacultura. Neste documental, de 45 minutos, pódese observar a transformación e o traballo que fai na súa explotación para convertela nun sistema sostible e autosuficiente.




17 nov. 2013

Demos+, cara ao feudalismo político

Como xa ten ocorrido noutras ocasións, para as vindeiras eleccións europeas preséntase unha nova formación "política" que, baixo o nome de Demos+, tratará de aglutinar o voto de todo o funcionarado do estado.

Proxecto, segundo afirman, para beneficiar á cidadanía; e experimento abocado ao fracaso, visto aos meus ollos.

Non teño nada en contra desta ou doutras iniciativas similares, canda quen é libre de actuar seguindo os seus impulsos. O que non podo compartir é que Demos+ amósese como proxecto político cando a súa xénese é gremial ou corporativista. Acaso coinciden os intereses dun sector particular cos xerais da cidadanía? Coido que non.

Vivimos nunha época na que algúns xa cuestionamos o sistema democrático liberal occidental baseado na representación exclusiva da cidadanía por partidos políticos "profesionais", cada un repartíndose algunha poltrona, aos que é imposíbel desprazar do Poder.

Se a solución para evolucionar na democracia estancada pasa por incluír novas tecnoloxías e recortar delegación de poder aos representantes políticos en favor dos cidadáns, iniciativas como Demos+ son pasos cara a un novo feudalismo.

Páxina en feisbuc:
https://www.facebook.com/pages/Movimiento-FUE/328206613931759


10 nov. 2013

A roda segue a xirar

"Os filósofos limitáronse a interpretar o mundo de distintos xeitos; 
do que se trata é de transformalo"

Karl Marx

A pesar das continuas burlas da prensa occidental, Rajoy aínda se permite o luxo de afirmar que España chegará ás vindeiras lexislativas con crecemento sostíbel e creando emprego. En palabras súas: "España chegará mellor ás próximas eleccións".

Non sendo o meu oficio o de futurólogo, tampouco estou en condicións para quitarlle a ilusión. Poren unha cousa é España e outra moi distinta os cidadáns deste estado. Os datos obxectivos que coñecemos sobre pobreza e desemprego indícannos unha involución salvaxe no tecido social, un retroceso de tal magnitude que ten poucos referentes na historia.

Non se respondeu axeitadamente ao desafío radical do capitalismo financeiro e os fondos públicos destináronse ao rescate da banca, abandonando por completo a principal finalidade que tiña que ser a creación de emprego. Non se traballou arreo ollando cara a economía real senón que se fixo por cuestións ideolóxicas.

E como non se concibiu nada para arranxar a mal chamada crise, se cadra Rajoy ten razón, unha vez saneada a banca volverá a circular o crédito, estaremos un par de anos acariciando a gloria e caeremos outra vez no mesmo abismo sen remedio. E se cadra, a próxima, xa non sobrevivamos tantos.

O mal é endémico ao sistema. Non serven parches para saír a flote. Ou cambiamos o sistema ou afundimos.

9 nov. 2013

Galicia Confidencial: 10 anos de xornalismo heroico

"Foi un 28 de outubro de 2003 cando naceu este medio dixital. Daquela era o blog persoal do xornalista, e hoxe director do medio, Xurxo Salgado. Desde aquel primeiro post sobre as leas no Executivo de Fraga ata hoxe pasaron xa tres gobernos diferentes. Durante todos estes anos, xurdiron novos medios en galego e pecharon outros emblemáticos."

"En Nadal de 2009, o GC deu un salto cualitativo técnico e informativo e duplicou a súa audiencia. Hoxe, o GC é un dos medios de referencia de políticos, xornalistas, funcionarios, empresarios ou estudantes e é o xornal xeralista en galego máis lido e máis veterano na Rede. Tamén é o sexto xornal on line galego logo das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego, La Opinión de A Coruña e o Grupo El Progreso, segundo o ranking de Alexa."

"Durante estes dez anos, as informacións de GC foron críticas cos poderes establecidos —Goberno de Fraga, bipartito ou Executivo de Feijóo—, pero “sempre co obxectivo de tentar que a honestidade e a transparencia rixan os códigos éticos dos nosos gobernantes políticos e económicos”. “A nosa intención non é buscar inimigos nin publicar informacións incómodas, senón dar a coñecer o que, como xornalistas, consideramos que os cidadáns libres deben coñecer”, segundo se recolle nos obxectivos xornalísticos do GC."

Texto: Galicia Confidencial
Viñeta: Hermanager para o Galicia Confidencial.



7 nov. 2013

Flores, un referente na LNB

Manuel Flores, seleccionador galego entre os membros que compiten na Liga Nacional de Billarda

Canto tempo hai que xoga a billarda?

Pois eu xa xogaba cando ía á escola, pero dende entón xa choveu moito. Recordo que daquela xogábase con paleta. Agora retomei a afección hai cousa de cinco anos, que foi cando me xubilei e tiña máis tempo.

Que é o que fai tan atractivo a este xogo?

Para min o máis importante é que non só é un xogo, senón que é un encontro con amigos. Nós aínda que non teñamos partido reunímonos unha vez á semana para practicar e tamén para pasalo ben.

Dende cando é seleccionador?

Realmente puxéronme ese título de broma, pero así quedou. Isto foi porque no 2008 organizousouse un partido contra un combinado alemán, e alguén tiña que ser o adestrador. A verdade é que foi moi bonito e pasámolo moi ben, que é o que importa.

Na Liga Nacional de Billarda está moi ben considerado?

Iso non o sei, pero espero que sexa así. Eu considéremo unha persoa moi amigo dos meus amigos e que ten bo humor.


Anotacións persoais: Logo da morte ce Calvete, Flores é a figura pública máis representativa da LNB. E é aquí onde se amosa a pluralidade dun proxecto global que xa embarcara a máis de mil cincocentas persoas.

5 nov. 2013

Sermos Galiza, a outra Voz de Galicia

Penso que foi en 2009 cando merquei por última vez un exemplar da Voz de Galicia, o que non quita que siga a ler, entre liñas, as súas novas na edición dixital. O mesmo me acontece con Sermos Galiza, outra cabeceira máis do sistema, alienada pola outra banda mais totalmente innecesaria para un País que precisa medios libres e críticos e non xuntadores de palabras ao servizo de intereses económicos e políticos.

Tomar en serio a información que se publica en Sermos é pecar de cego. Trátase de xornalismo en mans dun sector do nacionalismo que non defende os intereses da maioría senón que responde a estímulos dunha minoría que difunde propaganda na defensa do seu propio status.

Non quería escribir isto aínda que fai tempo que o penso. Poren xa que a cobertura que fixo Sermos Galiza do lamentábel i españolizado Castañazo Rock 2013 foi tal que fixo desaparecer a un dos grupos participantes, Ex-Tensión Agraria, e ao mesmo tempo usar os cartóns reivindicativos da banda na súa galería penso que non merecen outra cousa máis que o desprezo.