25 nov. 2013

Conversas de taberna sobre ecoloxismo

Fai uns días tiven unha charla cuns amigos da esquerda comarcal. Uns viños, temas varios i entretenidos. Entre eles falouse de ecoloxía, algo no que temos posturas moi diverxentes.

Na esquerda hai unha especie de virus mutante que os leva a apoiar calquera iniciativa que se guinda a etiqueta de "ecolóxico", non se profundiza moito no tema para saber o que hai realmente detrás.

Do mesmo xeito, que fai un tempo, me deixaron fliplando co apoio a un negocio particular chamado "Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico", Thor descarga raios sobre min cando teño que soportar aseveracións do tipo de que hai que defender ao sector primario baseado na gandería intensiva con vacas frisonas ou similares por ser sostíbel. Pero alguén parouse a botar uns cálculos sobre a contaminación e a depredación do ecosistema destas fórmulas en comparación cos postos de traballo que crean?

Máis a miña conversa centrouse nos xa famosos "coches eléctricos" (non confundir cos das feiras). Bombardeo mediatico constante para que asumamos como solución ecolóxica fronte aos motores diesel ou de gasolina. Craso erro.

O coche eléctrico é outro produto/opción do mercado capitalista que se rexe polas mesmas directrices que o Ford T. Mesmo sistema de fabricación e distribución. Baterías de litio tóxicas, contaminantes e dificilmente reciclábeis. Recargas na rede eléctrica, a día de hoxe, maioritariamente enerxía xerada por combustibles fósiles ou enerxía nuclear.

Onde lle poñemos a etiqueta de ecolóxico ao coche eléctrico?

No hay comentarios:

Publicar un comentario