14 dic. 2013

A bicicleta que fai a fotosíntese

Xa teño falado noutras ocasións de bicicletas curiosas, algunhas feitas de xeito artesanal a través da reciclaxe. Agora aprendo deste novo proxecto, a Fotosíntese Bike, desenrolado por enxeñeiros e investigadores tailandeses.

O proxecto suma ao xa ecolóxico que ten o uso da bicicleta no canto do automóbil (sobre todo en espazos urbanos), unha nova función: osixenar a atmosfera.

Estas novas bicicletas ecolóxicas de Fast Company purifican o aire a medida que pedaleamos nun proceso que, segundo Bangkok Lightof, desenrolase no marco de aluminio logo dunha reacción entre a auga e a enerxía eléctrica dunha batería de litio.

6 dic. 2013

Roteiro interpretativo da Fraga de Santo Estevo

Fraga de Santo Estevo do Ermo (Barreiros). 

Sábado 7 de Decembro: "INTERPRETA, VALORA E PROTEXE"

Irmandade Santo Estevo i Erebia xúntanse nun proxecto ecosolidario para poñer en valor un espazo natural como a Fraga de Santo Estevo (Barreiros), a cal merece unha protección polos seus recursos naturais, histórico-artísticos i etnográficos. 


Caracol de Quimper (Elona quimperiana)
Itinerario guiado e interpretado dun bosque singular que nos traslada á época na que vivían os dinosauros, onde descubriremos fentos relictos do Terciario (Woodwardia radicans) e unha gran diversidade de flora i especies arbóreas (érbedos; …). Veremos o primitivo caracol de Quimper (Elona quimperiana), seguiremos os rastros da algaria e a martaña, e intentaremos localizar unha xoia herpetolóxica endémica del NW ibérico: a saramaganta (Chioglossa lusitanica). 

Visitaremos as antigas minas de ferro, a Capela de Santo Estevo do Ermo del S. XVIII, a antiga capela do S. IX-X co seu cemiterio, as fontes medicinais e falaremos das ermitañas. 


Saramaganta (Chioglossa lusitanica)
INFORMACIÓN Y RESERVAS: 696 208 925 (Gustavo); erebiagml@hotmail.com

Descrición da actividade: Duración (4 horas aprox.); dificultade baixa.
Recomendacións: botas e roupa de abrigo; caderno de campo.
Punto de encontro: Praza do Concello (Barreiros) ás 09:00h.

Inclúe: 
- 1 guía-naturalista e 1 guía local
- dossier fotográfico das observacións de campo en formato dixital
- seguro de responsabilidade civil
- degustación de mexillóns e viño Ribeiro

Tarifa: 15 € / persoa. Nenos e socios da Irmandade: 5 € (a recadación revertera na posta en valor da propia fraga)

CONDICIÓNS:
O traslado ás actividades non está incluído nos servizos.

4 dic. 2013

De cando os españois vendían Ceuta e Melilla

No ano 1801 era rei dos españois o borbón Carlos IV (aínda que gobernaba Godoy) i en Marrocos fora proclamado sultán o alauita Muley Suleiman.

As relacións de amizade entre os reinos veciños non eran moi xeitosas poren, ante a escaseza de colleitas na Espanha, iniciáronse conversas para mercar trigo en Marrocos.

Ante a negativa do Sultán de vender cereais, Godoy ordenou ao embaixador español ofrecer Ceuta e Melilla como moeda de cambio. O Sultán, que nisto do patriotismo era coma os borbóns, negouse a aceptar o intercambio.

Magoa. Canto debate estéril aforrariamos a día de hoxe nas televisións ultra centristas.

Fonte: Historias de la Historia

3 dic. 2013

A Lei Mordaza, segundo The Guardian

Sobre a Lei de Seguridade Cidadá, ou Lei Mordaza, que supón unha volta atrás no tempo ao estilo fascista, cambiando leis para converter o Estado nun réxime autoritario e represivo, no xornal inglés The Guardian pode lerse análises deste tipo:

"A reorganización dos estados nunha dirección autoritaria é parte dun proxecto a longo prazo para deter a democracia mantendo un mínimo de lexitimidade democrática".

"A nova Lei de Seguridade Cidadá que quere aprobar o goberno español é un ataque á democracia". "Non se trata só de medidas para disuadir aos cidadáns para que non protesten, senón de domesticar aos que pese a todo dedícanse a facelo".

Non é un lei provisional para un tempo convulso. É unha lei concibida coa idea de permanecer no futuro.