4 ene. 2014

Que nos conta sr. Balseiro?

Os datos estadísticos son unha morea de números que se usan para comparar e analizar un determinado fenómeno no que poden intervir moitas variables. Poren cando os bípedes políticos manexan e interpretan as cifras de xeito interesado e sen ningún rigor, a ciencia deixa de chamarse estadística e pasa a ser propaganda. Neste caso só serve para encher titulares de xornais afíns, contenedores de noticias e para poñer a proba a paciencia e a intelixencia dos votantes.

O deputado popular José Manuel Balseiro (A Mariña) tira foguetes cos datos anunciados sobre o desemprego e referidos á provincia de Lugo: "1.680 parados menos ca en Xaneiro", "unha redución do 5,73%". E isto todo grazas a labor, esforzo e seriedade do Partido Popular, o partido dos traballadores, segundo Cospedal.

Imos ver os datos, sr. Balseiro.

Decembro foi un mes de recuperación de emprego no estado español grazas, sobre todo, á recollida da oliva. Porén foi malo para Galiza que aumentou en 209 desempregados. En concreto, na provincia de Lugo, medrou en 175 persoas.

O número de cotizantes á Seguridade Social pasou, no exercicio 2013 e no conxunto do estado, de 19,4 millóns a 16,2 millóns. Galiza perdeu no mesmo ano 7.724 persoas afiliadas. Este dato indícanos que non hai nin se agarda recuperación positiva de emprego.

Dúas variables que tampouco ten en conta o sr. Balseiro son os desempregados que xa non fichan nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galiza e os moitos galegos que xa se viron forzados ao exilio da emigración. Non vivindo no Mundos de Yupi, Balseiro coñecerá casos (incluso dos seus votantes).

As persoas que non reciben prestacións nin axudas xa "pasan" de fichar no "Inem" galego porque nin funciona nin serve para nada. É máis doado atopar unha oferta de traballo en Lugo no Lanbide vasco que no "Inem" de Ribadeo.

Os que emigraron xa están "descontados" e de regalo de Nadal, o PP dos traballadores acaba de "amortizalos" sacándolles o dereito á Sanidade Pública a partir dos 90 días fora do estado español.

Aínda esquecíame comentar que todos aqueles que fan cursiños tampouco se contabilizan como desempregados.

En fin, agás na precariedade, en canto ao emprego na provincia de Lugo, o 2014 aínda vai ser peor que o 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario