15 ene. 2013

Os ditados tópicos no Concello de Barreiros

Os "ditados tópicos" son xentilicios, alcumes, refráns e cantigas recollidas nalgunha localidade a través dos seus poboadores e publicadas no "Diccionario geográfico popular de España" de Camilo José Cela (1998). O traballo do Nobel recolle 1212 ficha de toda Galiza e, en concreto dúas delas, foron proporcionadas desde o Concello de Barreiros.



Na primeira ficha, orixinal de San Pedro de Benquerencia, cita como seudoxentilicio dos habitantes de Celeiro, "mangantes" e dos habitantes de San Miguel, "espigüeiros". Tamén a persoa que cubre o documento aporta unha cantiga: 


"San Pedro de Benquerencia
tira por mi pa delante
que che prendín una silva
en San Miguel de Reinante"

A segunda ficha engadida foi recollida en San Cosme e so fai constar o xentilicio correspondente: "barreirense".





No hay comentarios:

Publicar un comentario